Harold Pinter, nado en Hackney (Londres) o 10 de outubro de 1930 e finado en Londres o 24 de decembro de 2008, foi un dramaturgo e guionista cinematográfico inglés. Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 2005.
Traxectoria Harold Pinter introduciuse no mundo do teatro como actor. A súa primeira peza foi The Room (1957), cun único acto. Despois escribiu moitas comedias, como The Birthday Party (1958), The Caretaker (1960), The Dumb Waiter (1960) ou The Homecoming (1965).
Dedicouse tamén intensamente á radio e a televisión: The Collection (1961), The Lover (1963) e colaborou co director J. Losey. Entre as súas obras recentes están Vellos tempos (Old Times, 1971), No Man's Land (1975), Betrayal (1978) e The Hothouse (1980), Mountain Language (1988), Moonlight (1993), Ashes to Ashes (1996) e Celebration (2000), nas que alternan momentos sombríos e momentos de farsa.
Harold Pinter é tamén un activista político, crítico coa Guerra de Iraq, os gobernos de George W. Bush e Tony Blair, o tratamento turco dos kurdos e defensor de Fidel Castro e Slobodan Milošević. Unha boa mostra da súa ideoloxía pode verse no seu polémico discurso de aceptación do Nobel.
Obra O teatro de Pinter ten como referentes a Franz Kafka, Samuel Beckett e o teatro do absurdo. Os protagonistas padecen as neuroses do home contemporáneo e ocultan os seus sentimentos. A linguaxe é coloquial e está chea de ambigüidades, pausas e silencios, ademais da sensación de inadecuación expresiva.
As dúas obras de Pinter publicadas en galego foron Vellos tempos e A festa de aniversario, nun mesmo volume.
Vida persoal Casado dúas veces, a segunda con Antonia Fraser. Morreu dun cancro de fígadoUK playwright Harold Pinter dies, BBC, 25/12/08.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial (en inglés) Páxina do Premio Nobel
Categoría:Dramaturgos de Inglaterra Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Premio Nobel de Literatura Categoría:Nados en Hackney Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Guionistas do Reino Unido