A historia interminable (en ) é un filme alemán-estadounidense dirixido por Wolfgang Petersen que se estreou en 1984. Baséase na novela A historia interminable de Michael Ende. O tema principal foi interpretado por Limahl.

Sinopse Agochado no faiado do seu colexio, Bastian le durante as horas de clase un libro enigmático, A historia interminable, que relata a paulatina destrución do Reino de Fantasía. Unha especie de Nada misteriosa destrúe o país e as criaturas que o habitan. A medida que avanza na lectura, Bastian decátase de que a salvación de Fantasía depende del; de que consiga entrar dentro do libro.

Personaxes Barret Oliver como Bastian Balthazar Bux Noah Hathaway como Atreyu Tami Stronach como A emperatriz infantil Alan Oppenheimer como a voz de Rock Biter, Falkor, Gmork, e o Narrador Thomas Hill como Mr. Koreander Deep Roy como Teeny Weeny Tilo Prückner como Nighthob Moses Gunn como Cairon Sydney Bromley como Engywook Patricia Hayes como Urgl Gerald McRaney como Mr. Bux Darryl Cooksey, Drum Garrett, e Nicholas Gilbert como Os nenos que amolan a Bastian

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb

Categoría:Filmes de 1984 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Wolfgang Petersen Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes rodados en Vancouver Categoría:Filmes sobre dragóns Categoría:Filmes de 1984 con versión en galego