Vestfirðir é unha das oito Rexións administrativas de Islandia. A súa capital é a localidade de Ísafjörður.

Demografía miniatura|dereita|220px|Mapa da rexión. A rexión ten unha poboación total de 7.374 habitantes (2008), o que supón menos do 3% do total da poboación de Islandia, están repartidos nunha superficie de 22.721 km2, o que supón unha densidade de poboación de 0,784 habitantes por quilómetro cadrado.

A pouca poboación débese a que a rexión é un lugar rural relativamente illado dos núcleos urbanos e á diminución da demanda de man de obra na agricultura e a industria pesqueira, as principais fontes de ingresos para a rexión.

+ Evolución demográfica da rexiónAnoPoboaciónPorcentaxe dapoboación islandesa 1920 14,24 % 1930 12,09 % 1940 10,80 % 1950 7,83 % 1960 5,86 % 1970 4,91 % 1980 4,53 % 1990 3,80 % 2000 2,86 % 2007 2,32 %

Condados Esta rexión está formada polos seguintes condados:

Austur-Barðastrandarsýsla Norður-Ísafjarðarsýsla Strandasýsla Vestur-Barðastrandarsýsla Vestur-Ísafjarðarsýsla

Municipios Vestfirðir comprende os seguintes municipios:

Árneshreppur Bæjarhreppur Bolungarvík Ísafjarðarbær Kaldrananeshreppur Reykhólahreppur Súðavíkurhreppur Strandabyggð Tálknafjarðarhreppur Vesturbyggð

Transporte As estradas son aínda hoxe en día escasas e inaccesibles (especialmente no inverno), polo que é relatívamente difícil conectarse co resto da illa. Moitos camiños son de grava sóamente. E a frecuencia de choivas ou treboadas obstaculiza o transporte por aire.

Moitas persoas se están trasladando á rexión da capital ou emigran a outros países, como sucedeu despois dunha avalancha en 1995.

Turismo Mentres tanto, planéase facer un maior fincapé no turismo, xa que a beleza dos fiordes forma unha paisaxe moi atractiva. Esta actividade é aínda pouco explotada na zona cerca de Dynjandi (tamén Fjallfoss), posúe unhas fervenzas de cen metros.

Galería

Categoría:Rexións de Islandia