A Orquestra Panorama é un conxunto musical galego, unha das orquestras máis importantes da escena, cunha media de 200 actuacións anuais. Ten a súa sede en Caldas de Reis.

Historia A Orquestra Panorama naceu o 25 de decembro de 1988 actuando no Rosal. O seu nome débese a un programa da TVG que existía por aquelas datas. Na súa primeira actuación, pintaron o logotipo da orquestra no pano que foi secando durante o transcurso do concerto.

Esta banda fundouna Ángel Martínez Pérez (Lito), que sen saber nada de música, coñecía as claves do éxito neste sector. Nesa época comezou con oito integrantes masculinos (el nunca formou parte dos compoñentes do grupo), cunha furgoneta Mercedes 406 e cun equipo de son de 500 watios.

Lito Martínez foi o representante deste conxunto e de 84 orquestras máis das 200 que existen en Galicia, entre as que se encontran a Olympus, a París de Noia, ou o Combo Diminicano. Posteriormente pasou a formar parte da axencia Gestorke e finalmente de GAIAS EVENTOS ata que, no 2020, rompe relacións contractuais con esta oficina para formar, da man de Juan Miguel Ballesteros, GO MUSIC MANAGEMENT. A finais de 2024 toma a dirección da orquesta Basty Piñeiro e, da man de Lito Garrido, regresan a GAIAS EVENTOS.

En 2017 a orquestra estivo a piques de desaparecer. O anterior propietario estaba a vender o equipo. Carlos Somoza Fouces, empresario de Monforte de Lemos e outros tres socios formaron Panoevens para levar a representación da Panorama."Una empresa de Monforte salva la orquesta Panorama de la desaparición", La Voz de Galicia, 15 de outubro de 2017 .

Evolución Nos seus inicios, este grupo musical tocaba cumbias, pasodobres, rancheiras, merengues e rumbas. Estaba dirixido a un público maior e tradicional.

Na actualidade con Lito Garrido como director revolucionou o ambiente musical das verbenas innovando cos éxitos musicais máis actuais, introducindo novos estilos e cancións do verán, así como actuacións novidosas con performance, acróbatas, disfraces, técnicas punteiras en luz e son… Con isto conseguiu atraer a un público xove e introducilos na cultura das verbenas.

Esta evolución influíu nos músicos, nos que agora xa non conta que teñan boa voz, senón que teñen que ser actores e bos bailaríns.

O cambio foi tal que comezou cunha soa furgoneta onde viaxaban todos os músicos e instrumentos, e agora ten sete tráileres para o escenario e instrumentos e un microbús para os músicos.

O grupo ten un público mozo que o segue, con páxina web, Facebook, club de fans cos que teñen unha cita semanal vía chat e diversos produtos de merchandising, así como varios discos gravados.

A orquestra ten participado dende 2008 en sete galas contra o cancro nos concellos de Cambados, Ordes, Vilagarcía de Arousa e León coa colaboración de Merche, David Bisbal, Mónica Naranjo, Carlos Baute e outros.Una orquesta gallega implicada en un fraude fiscal millonario alega que sus galas contra el cáncer no recaudaron nada eldiario.es

A día de hoxe, viaxan por toda España e é considerada unha das mellores orquestras de todo o país. O seu éxito en Galicia levounos a actuar en Valencia, Madrid, León ou Asturias.

Compoñentes Voces masculinas: Lito Garrido, Cibrán Insua Arufe, Mario Álvarez, Diego Moreira Villanueva.

Voces femininas: Aroxa Ruana e María Jordan (María Kilate).

Bailarinas femininas: Blanca Nunes, María Mediero, Sara Allegue, Tania Zapata.

Bailaríns masculinos: Blast Arts, Daniel Bolaños del Moral (D-Low), Héctor Bordón (Thor).

Guitarristas: Ismael Segura, Ivis Reyes.

Baixista: Jorge Ramilo Longa (Giorgio).

Teclista: Edgar Campos.

Batería: Alexandre Vázquez Roca.

Trompetistas: Roberto Ángel Hernández, Darien Polo Salgado ("Polito").

Saxofonista: Edgar Campos Conde.

Trombonistas:Kotwey Marval, Edward Machado Cabrera.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Orquestra Panorama na páxina web Orquestas de Galicia

Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos musicais formados en 1988