Luís Escurís Batalla S.L. fundada en 1996 na Pobra do Caramiñal (Ría de Arousa) é unha empresa dedicada á fabricación, comercialización e distribución de conservas de pescado e marisco no sector da alimentación e da hostalería.

A empresa leva a cabo un proceso de transformación manual e artesán co obxectivo de conseguir un produto de primeira calidade empregando unha materia prima inmellorable das rías galegas.

Distribución A compañía cobre todo o territorio nacional a través dunha estrutura de vendas propia en Galicia e traballa con axentes e mediadores que lle permiten distribuír o seu produto no resto de España, así como en Suíza, Alemaña, Reino Unido, Italia, Xapón e Portugal. Ademais dispón dunha páxina web dende a que os consumidores poden adquirir unha ampla gama de produtos.

Luís Escurís Batalla participa na marca Galicia Calidade promovida pola Xunta de Galicia co fin acreditar a súa calidade e dala a coñecer fóra da Comunidade.

Produtos A empresa comercializa dous tipos de produtos: "Lo bueno" e "Fuera de serie".

Baixo a gama "Lo bueno" enlatan: agulla en aceite de oliva ameixas ó natural anchoas en aceite de oliva atún en aceite de oliva bonito en aceite de oliva berberechos ó natural e ó allo xarda en filetes de aceite de oliva caviar de ourizos gulas ó allo xureliños en aceite de oliva mexillóns en escabeche, en salsa de vieira e picantes navallas ó natural e en aceite de oliva polbo en aceite de oliva e ó allo sardiñas en aceite de oliva e limón ventresca en aceite de oliva zamburiñas en salsa de vieira e ó natural

Os produtos pertencentes á gama "fuera de serie" son considerados para paladares máis exquisitos: berberechos luras mexillóns sardiñas polbo ventresca zamburiñas

Competidores Esta empresa, ó ser unha das máis grandes conserveiras galegas, ten como principais competidores o Grupo Calvo, Escuris SL, Jealsa-Rianxeira e Conserveira de Rianxo SA.

Véxase tamén Ligazóns externas luisescuris.com .

Categoría:Empresas de alimentación de Galicia Categoría:A Pobra do Caramiñal