A lagoa de Salinas é unha lagoa endorreica da provincia de Alacant, situada a uns 2 km da localidade de Salinas. Trátase dun lago de carácter salgado, que posúe unha conca superficial duns 90 km², na que desembocan os cursos fluviais das serras dos arredores, así como de diversos pozos. A auga permanece alí debido ao carácter endorreico da conca, tal e como sucedía tamén na lagoa de Villena, uns quilómetro ao norte, desecada na actualidade.
As súas dimensións son duns 1200 m de lonxitude por 800 de anchura. O feito de estar saturada de sal inutilízaa para aproveitamento agrícola, aínda que de todos os xeitos na actualidade permanece case seca a maior parte do ano debido á falta de choivas existente na conca do Vinalopó, así como tamén á sobreexplotación dos acuíferos.
Historia No Diccionario de Madoz aparece a seguinte descrición:
Os intentos de desecado remóntanse ao século XVIII, aínda que non se materializaron até a década de 1920. As obras comezadas, non obstante, quedaron sen finalizar e, non podendo dar uso agrícola á lagoa, optouse por instalar unha industria salineira, que estivo activa até a década de 1960. Desde entón a lagoa carece de utilización con fins económicos. As ribeiras están cubertas de espesas formacións de xuncos, con especies como a tamargueira, a sempreviva azul ou o almaxo*. Entre a fauna destacan as aves: perdiz, miñato, gabián eurasiático, aguiachos, avocetas, aguia perdiceira, flamengos, cegoñas, garzas etc. algunhas das cales aniñan con carácter sedentario.
Notas
Salinas Categoría:Provincia de Alacant