La pietra del paragone (en galego A pedra de toque) é unha ópera en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Luigi Romanelli. A súa estrea tivo lugar o 26 de setembro de 1813 no Teatro alla Scala de Milán. Foi o primeiro encargo do compositor dun gran teatro de ópera e foi un éxito inmediato, sendo representada 53 veces durante a primeira tempada.Kobbe, p. 654
Esta ópera represéntase moi pouco, aparecendo nas estatísticas de Operabase con só cinco representacións no período 2005-2010.
Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea, 26 de setembro de 1812(Director: Alessandro Rolla)Conde Asdrubale (un rico señor)baixoFilippo GalliClarice (namorada de Asdrubale)contraltoMarietta MarcoliniGiocondo (poeta amigo do Conde Asdrubale)tenorClaudio BonoldiPacuvio (un poeta)barítonoPietro VasoliDonna Fulvia (rival de Clarice que quere os cartos de Asdrubale)mezzosopranoOrsola FeiMacrobio (un xornalista corrupto)barítonoAntonio ParlamagniBaronesa Aspasia (rival de Clarice que quere os cartos de Asdrubale)sopranoCarolina ZerbiniFabriziobaixoPaolo RossignoliXardineiros, convidados, soldados, cazadores
Argumento
Acto I Tres mulleres queren casar co Conde Asdrúbale. Só a Marquesa Clarice o ama en realidade; as outras, Fulvia e Aspasia quéreno soamente polos seus cartos. Farto do asedio das tres mulleres e dun xornalista corrupto, Macrobio; dun escritor ridículo, Pacuvio; e do seu amigo e xove poeta, Giocondo, o Conde decide montar unha farsa: finxe que toda a súa fortuna foi embargada. Todos o abandonan excepto a apaixonada Marquesa Clarice e o xove poeta Giocondo, quen resultan ser seu grande amor e o seu único verdadeiro amigo, respectivamente.
Acto II Giocondo, namorado de Clarice, laméntase do seu amor polo conde e intenta namorala. Clariche recházao, alegando que o seu verdadeiro amor é o Conde Asdrubale. Para comprobar se o Conde sente o mesmo por ela, Clarice disfrázase do seu irmán xemelgo, Lucindo, militar desaparecido, e comunícalle ao Conde que decidiu levarse con el á Marquesa. Entón, cando o Conde confesa os seus sentimentos Clarice confésalle que en realidade é ela disfrazada. A ópera remata con Giocondo reconciliado con Conde Asdrubale e co matrimonio entre Clarice e Asdrubale, Macrobio e Aspasia e Fulvia e Pacuvio.
Orquestración A partitura de Rossini prevé a utilización de: 2 frautas (II. tamén piccolo) , 2 óboes, 2 clarinetes, 2 fagots 2 trompas, 2 trompetas, trombón timbais, bombo, pratos archi Para os recitativos: piano (violonchelo e contrabaixo ad libitum)
Estrutura Sinfonia
Acto I 1 Introduzione Non v'è del conte Asdrubale (Coro, Pacuvio, Aspasia, Fulvia, Fabrizio) 2 Duetto Mille vati al suolo io stendo (Macrobio, Giocondo) 3 Cavatina Quel dirmi, oh dio! (Clarice) 4 Cavatina Se di certo non sapessi (Asdrubale) 5 Duetto Conte io, se l'eco avesse (Clarice, Asdrubale) 6 Aria Ombretta sdegnosa (Pacuvio) 7 Quartetto Voi volete e non volete (Clarice, Asdrubale, Giocondo, Macrobio) 8 Aria Chi è colei che s'avvicina? (Macrobio) 9 Coro Il conte Asdrubale 10 Finale I Su queste piante incisi (Clarice, Giocondo, Macrobio, Aspasia, Fulvia, Pacuvio, Asdrubale, Fabrizio, Coro)
Acto II 11 Introduzione Lo stranier con le pive nel sacco (Coro, Aspasia, Fulvia, Macrobio, Conte, Pacuvio, Giocondo) 12 Coro A caccia, mio signore! (Coro, Pacuvio) e Temporale 13 Scena e aria Oh come il fosco - Quell'alme pupille (Giocondo) 14 Quintetto Spera se vuoi, ma taci (Clarice, Giocondo, Aspasia, Macrobio, Asdrubale) 15 Aria Pubblico fu l'oltraggio (Fulvia) 16 Terzetto Prima fra voi coll'armi (Macrobio, Asdrubale, Giocondo) 17 Marcia, scena e aria Se l'Itale contrade (Clarice, Coro) 18 Aria Ah, se destarti in seno (Asdrubale) 19 Finale II Voi Clarice? (Asdrubale, Giocondo, Aspasia, Fulvia, Macrobio, Pacuvio, Fabrizio, Clarice, Coro)
Discografía AnoElenco:Clarice, Asdrubale, Giocondo, PacuvioDirector, Orquestra e TeatroSelo1961Bruno Marangoni,Rosa Laghezza,Renzo Casellato,Mario BasiolaMario Rossi,Orquestra e Coro do Teatro La FeniceCD de son: Premiere OperaCat: 298811971John Reardon,Beverly Wolff,José Carreras,Justino DíazNewell Jenkins,New York Clarion Concerts Orchestra and ChorusCD de son: Vanguard ClassicsCat: 08-9031-731988Natale de Carolis,Cecilia Bartoli,Luca Canonici,Alfonso AntoniozziMarcello Viotti,Orquestra e Coro do Teatro Massimo Bellini de CataniaCD de son: House of OperaCat: CD917761993Pietro Spagnoli,Sara Mingardo,William Matteuzi,José FardilhaBruno Aprea,Orquestra Sinfónica de Graz e Coro de Cámara de BratislavaCD de son: BongiovanniCat: GB 2179/802002 Marco Vinco,Carmen Oprisanu,Raúl Giménez,Bruno De Simone Carlo Rizzi,Orquestra do Teatro Comunal de Boloña e Coro de Cámara de PragaRossini Opera FestivalCD de son: ROFCat: ROF 110532006 Michele Pertusi,Sonia Prina,José Manuel Zapata,Christian Senn Jean-Christophe Spinosi,Orquestra e Coro do Teatro Regio de ParmaCD de son: House of OperaCat: CD100682007 Marco Vinco,Marie-Agne Todorovich,Raúl Giménez,Paolo Bordogna Alberto Zedda,Orquesta y Coro del Teatro Real de Madrid DVD: Opus ArteCat: OA0987D CD de son: House of OperaCat: CD100652007 François Lis,Sonia Prina,José Manuel Zapata,Christian Senn Jean-Christophe Spinosi,Ensemble Matheus Coro do Teatro Regio de ParmaThéâtre du Châtelet DVD: NaïveCat: V 5089 CD de son: House of OperaCat: CD100692017 Gianluca Margheri,Aya Wakizono,Maxim Mironov,Paolo Bordogna Daniele Rustioni,Orquesta Sinfónica de la RAI e Coro do Teatro Ventidio BassoRossini Opera Festival CD de son: Premiere OperaCat: 33253
Notas
Véxase tamén
Categoría:Óperas de Rossini Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas en Milán Categoría:Óperas estreadas no Teatro alla Scala Categoría:Óperas de 1812