250px|miniatura|Aqueloo, un dos principais deus fluviais (1586)

Na mitoloxía grega, os Oceánidas (en grego Ποταμοί Potamoí, 'ríos'; en latín Fluminae) eran deuses fluviais, ou deuses-río, personificacións dos ríos que se supoñían gobernados por eles. Eran fillos de Océano e Tetis (unha das Titánides), pais de tódolos ríos, e Hesíodo dá os nomes de todos eles, un por cada río coñecido na época, e aínda engade que son outros tres mil máis O tradutor de Hesíodo fai notar que, salvo o Nilo e algún máis, a relación dos ríos limítase a Grecia, Asia Menor grega, Tracia exea e o Mar Negro (nota 37, px. 49).. Desta forma, serían irmáns das Oceánides.

Representábanse como anciáns de longa barba cos atributos da fauna e a flora propios do río do que tomaban o nome. Lucían grilandas ou coroas feitas coa vexetación do lugar, ou ben dous cornos, se o río se dividía en varios brazos. En numerosas esculturas os deuses fluviais apóianse nunha ánfora da que mana a auga do río, ánfora que aparece máis ou menos inclinada dependendo da rapidez coa que circulaban as augas do río correspondente.

Adoitaban invocarse antes de cruzar os ríos, co enorme respecto que merecían.

Relación dos Oceánidas miniatura|300px|Relevo votivo dedicado ao deus Cefiso, representado nunha asemblea divina na que tamén están Aqueloo e un touro antropomórfico (Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas).

Acis Aeas Alfeo Almón Amfriso Apidano Aqueloo Aqueronte Ardesco Asopo Asterión Axio Caístro Calco Cebrén Ceco Cefiso Cidno Cladeo Cratais Cremetes Criniso Enipeo Erasino Eridano Escamandro Esepo Esperquio Estrimón Éufrates Eveno

Exeo Fasis (ou Faso) Gránico Haliacmón Hebros Heptáporo Hermo Hidaspes Ínaco Istro Ladón Marsias Meandro Mincio Neso Nilo Numicio Partenio Peneo Reso Rodio Sangario Selemno Símois Simunte Termesios Tiberino (na mitoloxía romana) Tiberto (na mitoloxía romana) Volturno (na mitoloxía romana) Xanto

Iconografía miniatura|300px|Deus río Nilo, en Nápoles (s. II-III)

Os deuses-ríos compórtanse como verdadeiras personificacións, que normalmente se limitan a ser simples espectadores, coas notables excepcións de Alfeo e Aqueloo. Adoitan estar representados tendidos no chan, nus e sen que teñan atributos que permitan identificalos. O caso contrario sería, de novo, Aqueloo, representado como un touro con cabeza humana e cornos, que pode correr e turrar.

Un exemplo é o deus-río Nilo, coñecido polas esculturas de Nápoles ou dos Museos Vaticanos. Represéntase como un home ancián, con pelo e barba longos, e coroado cunha grilanda de follas, flores e froitos. Porta unha cornucopia, que representa a abundancia de froito que proporciona, e apóiase sobre unha esfinxe exipcia. No caso do Nilo dos Museos Vaticanos, unha chea de dezaseis meniños rube polo corpo do deus, simbolizando o número de cóbados que debe subir o Nilo para que a crecida sexa frutífero. O mesmo modelo utilizarase nun mosaico do século V ou nun marfil do século VI.

miniatura|300px|esquerda|A Fonte dos Catro Ríos (Roma)

Noutros casos será un home novo e imberbe se o río é de pouco caudal, ou vello e forte, barbado, se é un río caudaloso. Apóiase sobre unha rocha ou sobre un cántaro do que se verte auga. Algunha vez adórnase con algún atributo local. Os romanos representan o Río Tíber, personificado como Tiberinus, acompañado da loba Luperca e Rómulo e Remo; en ocasións, tamén cunha proa de barco ou unha das pontes do Tíber.

No Renacemento, os deuses fluviais seguirán representándose de forma similar, e servirán de modelos a artistas como Rafael Sanzio, Giulio Romano, Sansovino ou o mesmo Bernini, que na súa Fonte dos Catro Ríos (Roma, 1651) engade o río río Ganxes e o río da Prata ós tradicionais ríos Nilo e Danubio.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía ELVIRA BARBA, Miguel Ángel: Arte y mito. Manual de iconografía clásica. Sílex, 3ª ed. 2017, 301-303. GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.

HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto]. VIRXILIO: Eneida. Alianza Editorial, 1ª Ed 1986 [a numeración segue a utilizada neste texto].

Ligazóns externas Deuses-río Potamoi

Outros artigos Oceánides Océano Tetis

Categoría:Deuses fluviais