As células enterocromafíns (ou células EC ou células de Kulchitsky GP notebook Kulchitsky cell ) son un tipo de células enteroendócrinas MeshName - Enterochromaffin+Cells Enterochromaffin cell que se encontran fundamentalmente no epitelio que reviste o interior do tracto dixestivo.
Funcións miniatura|dereita|Serotonina. As células enterocromafíns segregan serotonina. Segregan serotonina (ou 5-hidroxitriptamina ou 5-HT). Estas células conteñen aproximadamente o 90% de toda a serotonina almacenada no corpo.
No tracto gastrointestinal, a serotonina (5-HT) é importante na resposta a estímulos químicos, mecánicos ou patolóxicos na luz do tracto dixestivo, xa que axuda a regular os movementos intestinais. Estes estímulos activan reflexos peristálticos e secretores, e as vías vagais aferentes (a través dos receptores 5-HT3) que envían sinais ao cerebro (importantes na xeración de náuseas). O fármaco Ondansetron é un antagonista do receptor 5-HT3 e un efectivo antiemético (antivomitivo). A serotonina que segregan as células enterocromafíns e que se filtra dos tecidos ata o sangue é despois almacenada nas plaquetas.
As células enterocromafíns son estimuladas pola hormona gastrina, unha molécula que se produce no antro estomacal polas células G.
Orixe Derivan da crista neural. As células enterocromafíns derivan das mesmas células ca o resto do epitelio, e non derivan do grupo de células migratorias da crista neural que orixinan o sistema nervioso entérico.
Etimoloxía Denomínanse "entero" pola localización no tracto dixestivo (enteron), e "cromafíns" porque reaccionan cos sales de cromo adquirindo unha coloración. Outras células con propiedades tintoriais similares son as células cromafíns da medula suprarrenal ou as células ECL.
"Células similares ás enterocromafíns"
Outras células da parede estomacal similares tintorialmente son as chamadas células similares ás enterocromafíns ou células ECL. Estas células aínda que teñan un aspecto similar teñen unha función moi diferente, xa que non segregan serotonina senón histamina, e axudan a estimular a secreción de ácido no estómago por parte das células parietais. Non deben confundirse.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Serotonina Célula similar á enterocromafín Célula cromafín
Ligazóns externas cells. Enterochomaffin cells
Categoría:Histoloxía Categoría:Aparato dixestivo