A bandeira de Honduras foi creada o 16 de febreiro de 1866, sendo Presidente da República José María Medina. Está baseada na que pertenceu ás Provincias Unidas do Centro de América.Znamierowski, Alfred. The World Encyclopedia of Flags. Italy: Lorenz Books, 1999. 201. Print. Consta de tres franxas horizontais do mesmo tamaño, de cor azul as exteriores e branca a central. No centro, dentro da franxa branca, figuran cinco estrelas azuis que simbolizan os cinco países que formaron a antiga federación centroamericana e o ideal da unión de Centroamérica.

Historia En 1823, Honduras uniuse ás Provincias Unidas de Centroamérica e adoptou a súa bandeira. Continuou usando unha tribanda lisa azul e branca despois da disolución da unión en 1838. O 7 de marzo de 1866 colocáronse cinco estrelas azuis na bandeira para representar as cinco provincias orixinais de Centroamérica: O Salvador, Costa Rica, Nicaragua, Honduras e Guatemala.Znamierowski, Alfred. The World Encyclopedia of Flags. Italy: Lorenz Books, 1999. 201. Print. O tamaño e a posición das estrelas fixáronse oficialmente cando o deseño foi estandarizado o 18 de xaneiro de 1949.

O decreto de 1949 especificaba que as raias debían ser turquesas, mais na práctica a bandeira permaneceu azul cerúleo durante as seguintes sete décadas. O goberno hondureño só comezou a ondear bandeiras turquesas despois da toma de posesión da presidenta Xiomara Castro o 27 de xaneiro de 2022.

Outras bandeiras

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Símbolos de Honduras Categoría:Bandeiras de estados soberanos Categoría:Bandeiras nacionais Categoría:Bandeiras introducidas en 1866 Categoría:Bandeiras introducidas en 1949 Categoría:Bandeiras introducidas en 2022 Categoría:Bandeiras introducidas en 2026