A Cunca do Polo Norte, ou a Cunca Boreal, é unha gran cunca ou planicie de baixa altitude que está situada no hemisferio norte marciano, e que cobre case o 40% do planeta. Chryse Planitia, o lugar de aterraxe da Viking 1, sería unha baía que se abre cara está cunca. miniatura|A Cunca do Polo Norte sería a zona que aparece en azul, exceptuando a zona que ocupa Utopia Planitia, a forma elíptica está interrompida pola rexión de Tharsis, que aparece en vermello. Unha das posibles explicacións da baixa altitude, do relevo case plano desta cunca, e da falta de cráteres é que esta cunca tivo a súa orixe a través dun grande impacto dun meteorito. Dúas hipóteses compiten por dar unha posible resposta á orixe por colisión desta cunca: a primeira sería o resultado dun impacto a baixa velocidade (6 – 10 km/s), cun ángulo oblicuo e un diámetro duns 1.600 - 2.700 km; a segunda hipótese extraída dos datos topográficos proporcionados pola Mars Global Surveyor e que coincide cos modelos que suxiren a formación dun cráter cunhas dimensións de 10.600 km por 8.500 km, o impacto estaría centrado nas coordenadas 67° N 208° E, parte do cráter sería recuberto polas erupcións que crearon a rexión do Tharsis. Existen tamén evidencias dun segundo posible cráter/impacto. Está última hipótese, faría desta cunca e por moito, o cráter de impacto máis grande do Sistema Solar, aproximadamente con catro veces máis diámetro cá Cunca Aitken (na Lúa) ou que Hellas Planitia no hemisferio sur de Marte.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Tharsis Arabia Terra Utopia Planitia

Ligazóns externas "Outflow Channels May Make a Case for a Bygone Ocean on Mars", Planetary Science Research Discoveries Mapa coas fronteiras das rexións de Marte Mapa topográfico de Marte, con nomenclatura detallada das rexións de Marte Mapa detallado do cuadrante MC-01 Mare Borearum Páxina coas ligazóns ós mapas dos cuadrantes de Marte

Categoría:Planicies e chairas de Marte