Denomínase Década Ominosa (1823-1833), o período da historia de España que corresponde á última fase do reinado de Fernando VII e á restauración do absolutismo tralo Trienio liberal (1820-1823) en que rexeu a Constitución de Cádiz promulgada en 1812. Porén, hai historiadores como Josep Fontana que prefiren a denominación de segunda restauración do absolutismo (1823-1833) porque amplían o período máis aló da morte de Fernando VII, até o final do sistema absolutista, prolongándoo así até 1834.Fontana, 2006, pp. 341-385 Esta idea, de incluír a "transición pactada que se consolidou en 1834" é tamén compartida por Ángel Bahamonde e Jesús A. Martínez, pois así constituiría a "derradeira fase" do período.

Foron os liberais os que crearon a denominación de Década Ominosa (é dicir, abominable) como resposta a ese período de dez anos no que sufriron unha forte represión e o exilio.Fuentes, 2007, p. 72 Denominacións semellantes foron empregadas por outros escritores como Benito Pérez Galdós, un escritor progresista e republicano, que titulou "O Terror de 1824", un dos seus Episodios Nacionales; ou por Menéndez Pelayo, quen malia ser profundamente conservador, cualificou esta derradeira etapa do reinado de Fernando VII como "feroz, degradante e lúgubre absolutismo".Fuentes, 2007, p. 76

Desenvolvemento 231x231px|miniatura|Rafael del Riego.|esquerdaminiatura|Fernando VII.miniatura| O Duque de Angulema.O período ábrese o 7 de abril de 1823 coa invasión dos Cen Mil Fillos de San Luís, exército francés ao mando de Lois Antón de Borbón, duque de Angulema, que someteu a España liberal por orde da Santa Alianza, moi preocupada polo desenvolvemento do liberalismo en España e acirrada polos emisarios secretos que o rei español enviara ás potencias coaligadas para lle evitaren ter que gobernar sometido a unha constitución.Tradicionalmente a historiografía española considerou que a Santa Alianza, no Congreso de Verona, deu o mandato a Francia para invadir España e acabar coo Trienio liberal. Ese mandato se concretaría nun suposto acordo secreto que condenaría a todo réxime liberal e a liberdade de prensa, pero este acordo só se reflicte na historiografía española, sen existir en ningún arquivo. Algúns historiadores españois, como Jerónimo Bécker, consideran que é posíbel que se trate dunha falsificación, mentres que a historiografía non española dá por segura esta.Pereira, Juan Carlos (1983): Introducción al estudio de la política exterior de España (siglos XIX y XX). Madrid.Bécker, Jerónimo (q1924): Historia de las Relaciones Exteriores de España durante el siglo XIX (Apuntes para una Historia diplomática), tomo I (1800-1839), Madrid, nota 1, páx. 510.Schellenberg, T. R., "The Secret Treaty of Verona: A Newspaper Forgery", in The Journal of Modern History, Vol. 7, Nº 3 (Set. 1935), páxs. 280-291.

Neste período tivo lugar unha gran represión dos liberais que puideron quedar na Península, pois os máis significados tiveran que emigrar en masa, sobre todo a Londres (onde se concentraron no barrio de Somerstown), pero tamén a Malta, París, Estados Unidos e ás recentemente creadas repúblicas hispanoamericanas para evitar a morte. O xeneral Rafael del Riego foi executado na praza da Cebada de Madrid o 7 de novembro de 1823 como medida exemplificadora.

Estableceuse unha estrita censura, redactouse un arcaico e reaccionario plan de estudos universitarios (polo ministro de Graza e Xustiza Francisco Tadeo Calomarde) e foron sufocados, por unha parte, diversos levantamentos precarlistas pola irresolta cuestión da lei sálica, como o dos Malcontents en Cataluña, e pola outra, intentos de insurrección liberal e pronunciamentos preparados na súa maior parte no estranxeiro, como o de Torrijos ou a expedición dos Coloraos en Almería, entre outros moitos.

O exército francés permaneceu varios anos en España, pagado polos impostos sangrados a un país en bancarrota e sometido por un rei afrancesado ridiculizado en toda Europa e temoroso do exército popular nacido na Guerra da Independencia, polo que o substituíu polos escuadróns locais dos chamados Voluntarios Realistas, un corpo tradicionalista partidario da alianza entre trono e altar, que pretendía substituír a Milicia Nacional voluntaria liberal.

Perdeuse definitivamente o tren da Revolución Industrial, que se desenvolvería tardía e irregularmente en España, e foron executados liberais inocentes, como Mariana Pineda ou o libreiro Miyar.

O 31 de marzo de 1830 Fernando VII publica a Pragmática Sanción, aprobada por Carlos IV en 1789 mais non promulgada, que permitía a sucesión feminina no trono, polo que as aspiracións á Coroa do irmán do rei foron truncadas co nacemento de Isabel II, o que pouco despois daría lugar á Primeira Guerra Carlista.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Artola, Miguel (1973): La burguesía revolucionaria (1808-1869). Historia de España Alfaguara V. Madrid: Alianza Editorial / Alfaguara. ISBN 84-206-2046-7, páxs. 41-52. Fernández de Pinedo, Emiliano; Gil Novales, Alberto, e Dérozier, Albert (1980): Centralismo, Ilustración y agonía de Antiguo Régimen (1715-1833). Vol. VII de: Manuel Tuñón de Lara (dir.) Historia de España. Barcelona: Editorial Labor. ISBN 84-335-9427-3, páxs. 276-308.

Luis, Jean-Philippe (2001): "La década ominosa (1823-1833), una etapa desconocida en la construcción de la España contemporánea", Ayer, Nº 41 (Número dedicado a: Fernando VII. Su reinado y su imagen), páxs. 85-118. Palacio Atard, Vicente (1981): La España del siglo XIX. Madrid: Espasa-Calpe. ISBN 84-239-4959-1, páxs. 95-111. Voltes, Pedro (1985): Ferrnando VII. Vida y reinado. VBarcelona: Editorial Juventud. ISBN 84-261-2959-4, páxs. 132-154.

Outros artigos Cen Mil Fillos de San Luís Congreso de Viena Guerra dos agraviados Guerras Carlistas Cuádrupla Alianza (1815) Tratado de Verona Trienio liberal

Ligazóns externas La década ominosa

Categoría:Historia de España do século XIX