miniatura|250px|Fotografía de William James cara 1890. William James, nado o 11 de xaneiro de 1842 en Nova York e finado en Chocorua (Nova Hampshire) o 26 de agosto de 1910, foi un psicólogo e filósofo estadounidense.

Traxectoria Criado nunha familia de tradición calvinista, é irmán de Henry James. Primeiramente estudou medicina para despois ocuparse da psicoloxía e a filosofía. Profesor da Universidade de Harvard, foi un prolífico conferenciante. John Dewey foi alumno seu.

Pensamento Psicoloxía Falou do stream of consciouness, é dicir, da corrente ou fluxo da conciencia. A conciencia é un continuo bulir de conceptos e relacións. Para el o ser empírico é un ser material (corpóreo), social (o que os demais opinan) e espiritual (a interioridade). Segundo a súa teoría periférica das emocións, é o a manifestación somática o que xera a emoción.

Filosofía Defendeu o pragmatismo. Considera que non pode haber unha diferenza que non marque unha diferenza. A función da filosofía consiste na pescuda da diferenza que producirá en ti e en min que unha fórmula do mundo se estime verdadeira. Hai que abandonar a abstracción pola concreción, os sistemas pechados pola acción e o poder. Máis que os principios e as categorías contan as consecuencias e os feitos. As ideas son parte da experiencia, e só deben ser tidas como verdadeiras se nos permiten entrar en contacto con outras experiencias. Xa que logo, verdade é o que funciona, o que sae ben, o que é útil, o que ten éxito.

Obras The principles of psicology. The Will to Believe. Pragmatism: A New Name for Some Old Ways of Thinking. The Meaning of Thruth. Pluralistic Universe. Essays in Radical Empiricism. Some Problems of Philosophy.

Véxase tamén

Categoría:Filósofos dos Estados Unidos de América Categoría:Psicólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1842 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Finados en 1910