Fanny Cochrane Smith, nada cara ao 1834 e finada o 24 de febreiro de 1905, foi unha aborixe tasmaniana, a primeira en nacer tralo traslado da poboación indíxena de Tasmania a Wybalena, na Illa Flinders. É famosa polas súas gravacións de cancións aborixes en cilindros de fonógrafo, que representan as únicas gravacións sonoras dunha lingua tasmaniana.
Tivo 11 fillos e unha porcentaxe alta da poboación aborixe actual de Tasmania é descendente súa. Existe algunha polémica sobre a data exacta da súa morte e se foi ela ou Truganini a derradeira aborixe de ascendencia totalmente indíxena. Morreu de pneumonía e pleurite o 24 de febreiro de 1905, en Port Cygnet.
A gravación das cancións de Smith serviu de inspiración ó cantante australiano de folk Bruce Watson, que escribiu "O home e a muller e o fonógrafo de Edison". O avó de Watson, chamado Horace, colaborara na gravación de Fanny Cochrane Smith, e no museo nacional de Australia atópase unha fotografía de Watson con ela.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Aborixes tasmanianos Tasmania Guerra Negra
Ligazóns externas Gravacións de Fanny Cochrane Smith Sounds of Australia Registry do National Film and Sound Archive State Library of Tasmania Images Fotos de Fanny Cochrane Smith Artigo do ATSIC sobre Fanny Cochrane Smith
Categoría:Nados en Tasmania Categoría:Nados en 1834 Categoría:Finados en 1905