Mikhail Mikhailovich Bakhtin (en ), nado en Orel o 17 de novembro de 1895 e finado en Moscova o 7 de marzo de 1975, foi un pensador, filósofo, crítico literario e semiólogo ruso que tivo unha influencia significativaEncyclopaedia Britannica no pensamento occidental en teoría literaria, ética, filosofía da linguaxe e como teórico da cultura e arte europea.

Traxectoria Bakhtin medrou en Vilnius e Odesa, estudou filoloxía e literatura clásica na Universidade de San Petersburgo. Xa en 1918 Bakhtin comezou a formar a súa propia escola de pensamento, nesa data formáronse o que se deu en coñecer como o círculo BakhtinInternet Encyclopedia of Philosophy, e que eran xuntanzas de intelectuais que compartían gran variedade de intereses como a filosofía alemá, a física contemporánea, e cuestións significativas na vida social e máis especificamente na creación artística, poñendo en valor o xeito que a linguaxe rexistraba os conflitos entre os grupos sociais. Os seus escritos inspiraron especialistas que traballaron en diferentes campos (marxismo, semiótica, estruturalismo, crítica relixiosa) e máis en disciplinas tan diversas como crítica literaria, historia, filosofía, antropoloxía e psicoloxía. Malia que Bakhtin participou nos debates sobre estética e literatura que tiveron lugar na Unión Soviética da década de 1920, a súa posición non se coñecería ben ata que o redescubriron os eruditos rusos da década de 1960, xa que debido á purgas de Stalin arrestárono en 1929 pasando os seis anos seguintes desterrado en Kustanai (Kazakhstán). Durante o ano 1929 e mentres permanecía detido nun hospital editouse o primeiro libro que publicaba co seu nome, ПРОБЛЕМЫ ТВОРЧЕСТВА ДОСТОЕВСКОГО ("Problemas na arte de Dostoievski") e foi precisamente a súa reedición en 1963 a que marcaría o seu redescubrimento.

Notas

Categoría:Críticos literarios de Rusia Categoría:Filósofos de Rusia Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1975 Categoría:Nados no óblast de Oryol Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de San Petersburgo