miniatura|Pentecoste (Feitos, capítulo 2) representado nun tapiz da segunda metade do século XVIII conservado en Museum Europäischer Kulturen (Berlín) O libro dos Feitos dos Apóstolos narra a vida do grupo dos primeiros discípulos de Cristo e a súa expansión por Oriente Medio e o Mediterráneo.
Autor e data O autor do libro é San Lucas, autor tamén do Evanxeo que leva o seu nome. De feito o libro foi concibido como unha segunda parte do evanxeo.
A data de elaboración sería un pouco posterior á do evanxeo, polo que se pode situar sobre o ano 80 ou algo posterior. Estrutura Feitos segue o mesmo esquema que xa utilizara o autor no evanxeo. Estrutura o libro como un camiño que vai desde Xerusalén a Roma, da capital do pobo escolleito á capital do mundo. Para simbolizar que o evanxeo, que xa fora anunciado aos xudeus, chega agora a toda a humanidade. Contido miniatura|Miniatura do libro Les Grandes Heures du duc de Berry (1407-1409) cos santos Pedro e Pablo bautizando. O libro céntrase na actividade de só dous apóstolos Pedro e Paulo. Con referencias case anecdóticas a outros: Os capítulos adicados aos "sete diáconos", co martirio de Estevo, que serve ao autor para introducir a personaxe de San Paulo, ou a conversión do ministro de Candaces polo diácono Filipe O martirio de Santiago o Maior (o de Compostela).
A primeira parte do libro céntrase na figura de Pedro e nos primeiros pasos da igrexa en Xerusalén: o inicio da predicación, a relación co xudaísmo, péchase coas primeiras persecucións e a conversión de Saulo, que en diante se coñecerá como Paulo.
Na segunda parte o protagonista e Paulo de Tarso, o libro relata a súa actividade como predicador ambulante e fundador de comunidades cristiás. Nárranse as súas catro viaxes, primeiro en Asia Menor, despois Grecia e, por último, ata Roma. O libro remata coa predicación de Paulo nesa cidade.
Véxase tamén
Outros artigos
Estevo Mártir Paulo de Tarso Pedro (papa) Apóstolo
Ligazóns externas
Libro dos Feitos dos Apóstolos (en galego) Libro dos Feitos dos Apóstolos (en latín) Libro dos Feitos dos Apóstolos (en koiné grega)
Categoría:Biblia