Natalie Clifford Barney, nada en Dayton (Ohio) o 31 de outubro de 1876 e finada en París o 2 de febreiro de 1972, foi unha escritora americana en lingua francesa.

Traxectoria Nada no seo dunha familia de clase alta de Washington, pasou a súa infancia nunha granxa preto de Cincinnati. Barney chegou a París en 1900, levou un salón literario en París a partir de 1909, por onde pasou case a totalidade da intelectualidade francesa de comezos do século XX. Durante a primeira guerra mundial foi unha das organizadoras dun Congreso de Mulleres Pacifistas. Entre 1940 e 1946 viviu en Florencia.

Abertamente lesbiana, interesouse polos poemas de Safo e tentou recrear unha escola de poetisas como a que Safo tiña en Mitilene. Entre as súas amantes estiveron a poetisa Renee Vivien, a bailarina Liane de Pougy e a pintora Romaine Brooks.

A vida de Barney serviu de inspiración para moitos escritores e aparece retratada en novelas como Idylle saphique de Liane de Pougny, Claudine s'en va de Colette ou L'Ange et les perver de Lucie Delarue Mardrus

Obras Quelques Portraits-Sonnets de Femmes, 1900 Cinq Petits Dialogues Grecs, 1901 (ilustrado pola súa nai) Actes et entr'actes (París: Sansot, 1910) Je me souviens (París: Sansot, 1910) Èparpillements (París: Sansot, 1910) Poems & Poemes: Autres Alliances (París: Emile Paul, Nova York: Doran, 1920) Pensees d'une Amazone (París: Emile Paul, 1920) Aventures de l'Esprit (París: Emile Paul, 1929) Nouvelles Pensees de l'Amazone (París: Mercure de France, 1939) Souvenirs Indiscrets (París: Flammarion, 1960) Traits et Portraits (París: Mercure de France, 1963)

Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Dayton, Ohio Categoría:Nados en 1876 Categoría:Finados en 1972 Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudía Categoría:Estadounidenses de ascendencia francesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia neerlandesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa