Francisco Calo Lourido, nado no Porto do Son en 1948, é un antropólogo, arqueólogo e profesor galego.
Traxectoria Licenciouse en Filosofía e Letras e é doutor en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Catedrático de Xeografía e Historia, foi director de varios institutos e ensinou ata a súa xubliación no IES Torrente Ballester de Pontevedra. Impartiu clases nas universidades de Santiago e do Porto e foi bolseiro de Formación de Persoal Investigador do CSIC.
É patrón do Museo do Pobo Galego (do que foi secretario da Xunta Reitora), correspondente da Real Academia Galega e membro da Sociedade Portuguesa de Antropologia e Etnologia, entre outras entidades.
Desenvolve a súa actividade investigadora nos eidos da Antropoloxía e da Arqueoloxía. Traballou en numerosos xacementos arqueolóxicos asturianos, portugueses e galegos e dirixiu as escavacións e consolidación do castro de Baroña.
Obra en galego Ensaio As artes de pesca (1980). Museo do Pobo Galego. A cultura castrexa (1993). A Nosa Terra. Os habitantes dos castros (1994). A Nosa Terra. A plástica da cultura castrexa galego-portuguesa, 2 tomos (1994). Fundación Barrié. Xentes do mar. Traballos, tradición e costumes (1996). A Nosa Terra. Castro de Baroña (1997). Concello do Porto do Son. Os celtas. Unha (re)visión dende Galicia (2010). Xerais. A historia de España baseouse en falacias. Nin Reconquista, nin Imperio, nin Estado ata o XVIII, nin Nación ata o XIX (2023). Vigo: Xerais. 632 páxs. ISBN 978-84-1110-232-2. ePub: ISBN 978-84-1110-253-7.
Narrativa Salseiros (2001). Espiral Maior.
Obras colectivas Estudos de cultura castrexa e de historia antiga de Galicia, 1983, Universidade de Santiago. Castro de Baroña: campañas 1980-1984, 1986, Xunta de Galicia. Historia Xeral de Galicia, 1997, A Nosa Terra. Antropoloxía mariñeira: actas do Simposio Internacional in memoriam Xosé Filgueira Valverde, 1998, Consello da Cultura Galega. Fainas do mar: vida e trabalho no litoral norte, 1999, Centro Regional de Artes Tradicionais, Porto. Pontevedra e o mar. Simposio de Historia Marítima do século XII ao XVI, 2003, Concello de Pontevedra. Caras de Pontevedra, 2005, A Nosa Terra. Estudos sobre o Foro de Pontevedra (1169) (2019), concello de Pontevedra. .
Obra en castelán Ensaio La cultura de un pueblo marinero: Porto do Son, 1978, Universidade de Santiago.
Obras colectivas La construcción del texto etnográfico a través de dos autores: aportación a una historia de la etnografía en Galicia, 1996, Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos.
Edicións Memoria sobre la pesca de sardina en las costas de Galicia, de Xosé Cornide, 1997, Consello da Cultura Galega.
Premios
Premio Antón Losada Diéguez no 1995, por A plástica da cultura castrexa galego-portuguesa.
Premio Antón Losada Diéguez no 2011, por Os celtas. Unha (re)visión dende Galicia. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Ficha do autor en Xerais
Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados no Porto do Son Categoría:Nados en 1948 Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes