miniatura|dereita|Bóveda da Catedral de Angers, na que se observa a plementería de ladrillo, que enche o espazo entre arcos.

Unha plementería é o conxunto de panos de pedras ou doelas que, a modo de cerramento, cobren o espazo entre os nervios dunha bóveda nervada, como unha bóveda de crucería. Cada un dos panos denomínase plemento. Son elementos pasivos que non teñen función estrutural e que se apoian sobre os arcos da bóveda, que son os elementos activos.

Usos Na arquitectura gótica, o recheo da plementería adoitaba ser de ladrillo ou cachotería complementada con morteiro nas xuntas, e cunha distribución relativamente irregular, especialmente nas fases máis antigas, mais a medida que se avanza no tempo vaise perfeccionando a talla e o tamaño das pezas do recheo e, aínda que continúa cumprindo unha función de recheo, adquire a aparencia de cantería e parece que a bóveda ao completo está completamente fabricada de perpiaños. O espesor da plementería adoitaba ser pequeno, de 10 ou 15 centímetros, en España cubríanse cunha capa de morteiro na súa parte superior.

300px|miniatura|A plementería da Lonxa da Seda, en Valencia é de gran tamaño, resultando a sensación dunha bóveda completamente feita de pedra.

Notas

Categoría:Elementos arquitectónicos