Ariane 3 foi o nome do terceiro modelo da familia de foguetes Ariane.

Características Tralo fracaso da antiga ELDO, predecesora da ESA, de poñer en marcha un programa de foguetes funcionais debido aos fallos dos foguetes Europa 1 e Europa 2 e de planear construír un Europa 3, o CNES francés propuxo construír un novo foguete con tecnoloxía xa probada. Foi durante a quinta Conferencia Espacial Europea, en decembro de 1972, e na que se constituíu a ESA, na que se acordou iniciar o programa do novo foguete, que terminaría por denominarse Ariane. O seguinte paso despois dos éxitos do Ariane 1 foi mellorar o modelo básico, para o que se creou un novo modelo, que pasaría a denominarse Ariane 2, mellorando o pulo dos motores Viking 4 e Viking 5 da primeira e segunda etapa, substituíndo o propelente UDMH por UH25, o alongamento da terceira etapa en 1,3 metros e substituíndo o motor por un HM7-B. Coa adición de dous foguetes de propelente sólido creouse unha terceira versión, Ariane 3.

Historial de lanzamentos Voo Data Rampla de lanzamento Carga Resultado Notas V-10 4 de agosto de 1984 ELA-1 ECS 2 / Telecom 1A Éxito Primeiro voo. V-11 10 de novembro de 1984 ELA-1 Spacenet 2 / MARECS 2 Éxito V-12 8 de febreiro de 1985 ELA-1 Arabsat 1A / Brasilsat A1 Éxito V-13 8 de maio de 1985 ELA-1 GStar 1 Telecom 1B Éxito V-15 12 de setembro de 1985 ELA-1 Spacenet 3 / ECS 3 Errado V-17 28 de marzo de 1986 ELA-2 GStar 2 / Brasilsat A2 Éxito V-19 16 de setembro de 1987 Aussat A3 / ECS 4 Éxito V-21 11 de marzo de 1988 ELA-1 Spacenet 3R / Telecom 1C Éxito V-24 21 de xullo de 1988 ELA-1 Insat 1C / ECS 5 Éxito V-25 8 de setembro de 1988 ELA-2 GStar 3 / SBS 5 Éxito V-32 12 de xullo de 1989 ELA-1 Olympus F1 Éxito Último voo.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ariane 1, 2, 3

Categoría:Ariane