Anna Viktoria German (), nada en Urgench o 14 de febreiro de 1936 e finada o 26 de agosto de 1982, foi unha cantante soviética de orixe xermano-polaca.

Traxectoria A súa nai, Irma Martens, era descendente de menonitas neerlandeses de lingua baixoalemá asentados no Imperio Soviético desde os tempos de Catarina II. O seu pai, Eugeniusz Hörmann, era polaco de orixe alemá, que en 1937 o NKVD executou en Urgench acusado de espionaxe. Anna e a súa nai foron deportadas a Kirguizistán.

En 1946 ela e a súa nai, que casara cun oficial da Armia Ludowa, asentáronse en Nowa Ruda, denantes de se estableceren en Wrocław en 1949.

Anna graduouse no Instituto Xeolóxico da Universidade de Wroclaw, xa fora durante os seus anos de estudante universitaria que comezara a súa carreira musical no teatro Kalambur, aínda que non foi ata 1964 que se fixo coñecida ao gañar II Festival de Canción Polaca de Opole coa canción Tańczące Eurydyki e un ano despois gañou o concurso internacional de Sopot. Convidada a participar no Festival da Canción de Sanremo en 1967 sufriu un importante accidente de tráfico polo que tivo que permanecer en rehabilitación durante un longo período de tempo, e ata 1972 non puido volver totalmente recuperada aos escenarios.

Discografía Álbums miniatura|dereita|Tumba de Anna German no cemiterio da Igrexa Evanxélica Reformada Polaca en Varsovia Na tamten brzeg (1964) Tańczące Eurydyki (1965) Recital piosenek (1967) I classici della musica napoletana (1967) Człowieczy los (1970) Domenico Scarlatti - Arie z opery Tetida in Sciro' (1971) Wiatr mieszka w dzikich topolach (1972) To chyba maj (1974) Anna German (1977) Anna German (1979) Pomysl o mnie (1979) Tylko w tangu/Dookola kipi lato (1979) Śpiewa Anna German (1979) Надежда (Nadezhda, 1980) Последняя встреча (Poslednyaya vstrecha, 1982)

Categoría:Cantantes de Polonia Categoría:Nados en 1936 Categoría:Cantantes en lingua polaca Categoría:Cantantes en lingua italiana Categoría:Cantantes en lingua rusa Categoría:Cantantes en lingua inglesa