Xoana de Arco (en ) é un telefilme en dúas partes protagonizado por Leelee Sobieski no papel de Xoana de Arco e dirixido por Christian Duguay, que se estreou en 1999. Estreouse en galego na TVG o 8 de outubro de 2011.
Sinopse Guerra dos Cen Anos (séculos XIV e XV). En 1412, nace en Domrémy Xoana, a filla duns campesiños. Dende nena ten visións nas que Santa Catarina, San Miguel e Santa Margarida lle encomendan a misión de salvar a Francia dos invasores ingleses. Convence a un oficial para que a escolte ata o castelo de Chinon, onde debe entrevistarse con Carlos, o Delfín de Francia, que aínda non foi coroado rei, xa que a cidade de Reims está en mans dos ingleses. Xoana logra que o Delfín lle proporcione tropas para romper o asedio de Orleáns. A doncela de Lorena conduce ós franceses á vitoria. Unha vez liberada Reims, o Delfín é proclamado rei co nome de Carlos VII. Durante unha campaña militar para liberar París, Xoana é capturada polos borgoñóns, que a entregan ós ingleses a cambio de cartos. Acusada de bruxería e herexía, é condenada por un tribunal relixioso, afín a Inglaterra, a morrer queimada no lume (1431). Tiña só 19 anos. En 1920, a Igrexa Católica canonizouna.
Personaxes Leelee Sobieski como Xoana de Arco Jacqueline Bisset como Isabelle d'Arc Powers Boothe como Jacques d'Arc Neil Patrick Harris como Rei Carlos VII de Francia Maury Chaykin como Sir Robert de Baudricourt Olympia Dukakis como Madre Babette Jonathan Hyde como John de Lancaster, duque de Bedford Robert Loggia como Monet Shirley MacLaine como Madame de Beaurevoir Peter O'Toole como Bispo Pierre Cauchon Maximilian Schell como Jean le Maistre Peter Strauss como La Hire Chad Willett como Jean de Metz Ron White como Jean de Dunois Jaimz Woolvett como Philip III Ted Atherton como Jean d'Estivet Robert Haley como Georges de la Trémoille Chandra Engstrom como Xoana de pequena
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 1999 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados na República Checa Categoría:Filmes de 1999 con versión en galego