Xauen (oficialmente en árabe شفشاون e coloquialmente الشاون, en francés Chefchaouen ou Chaouen, en castelán Chauen) é unha cidade santa e concello do norte de Marrocos, de preto de 40.000 habitantes.

Descrición miniatura|Edificacións en Xauen.A cidade está situada a uns 564 metros de altitude, no extremo occidental da cordilleira do Rif, a 55 km ao sur de Tetuán. Está protexida polas montañas pois, ao seu carón aparece o Jebel Mezedjel, con cumes en forma de corno das que toma o seu nome. En fronte está Jebel Beni Hassan, e no outro lado do val, cara ao oeste, esténdese cara ao sur e toma o nome de Jebel el Akhmâs.

Turismo A provincia ten, no eido turístico, un importante e diversificado potencial por mor dun feixe de monumentos históricos e numerosas praias de area e vastos bosques cunha fauna e flora moi variada. Os principais sitios turísticos da provincia son:

A cidade de Xauen A fonte de Ras El Maa (a 3 km. da cidade) A antiga medina coa kasbah As cascadas e a mesquita de Cherafat O bosque de Talassemtane A gruta de Toughoubite A ponte de Deus en Akchoure. O antigo caravasar, ocupado actualmente por pequenas tendas e artesáns.

miniatura|250px|Xauen e o minarete octogonal da mesquita. Patrimonio A Medina, a Praza Hamman, A Gran Mesquita e a Kasbah.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Guerra do Rif. Ligazóns externas TurismoMarruecos.net La Historia y el Patrimonio Chauen.info . Xauen: evolución urbana Chaouen, el oasis azul de Marruecos (en castelán)

Categoría:Cidades de Marrocos