A tempada 2011-2012 da Aviva Premiership foi a vixésimo quinta edición da liga inglesa de rugby, creada pola RFU en 1987. A liga tomou o nome Aviva do seu principal patrocinador, unha importante compañía de seguros.
Formato da competición O torneo estivo composto por 12 equipos, e tivo un formato segundo o cal os equipos tiñan que disputar dúas voltas completas, de xeito que cada equipo se enfrontase ós outros 11 conxuntos dúas veces, unha como local e outra como visitante.
O sistema de puntuación foi o seguinte: 4 puntos pola vitoria. 2 puntos polo empate. 0 punto pola derrota. 1 punto por anotar 4 ou máis ensaios. 1 punto por perder por 7 ou menos puntos.
A liga comezou o 3 de setembro de 2011, e rematou o 26 de maio de 2012 coa gran final.
Táboa Aviva Premiership — Tempada 2011/12PostoEquipoPuntosXogadosGañ.Emp.Per.BOBD 1º 20px Harlequins |bgcolor=#ffffa5|75|| 22 || 17 || 1 || 4 || 4 || 1
|- bgcolor=#C1E8F7 align=center | 2º ||align=left| 20px Leicester |bgcolor=#ffffa5|74|| 22 || 15 || 1 || 6 || 9 || 3
|- bgcolor=#C1E8F7 align=center | 3º ||align=left| 20px Saracens |bgcolor=#ffffa5|73|| 22 || 16 || 1 || 5 || 3 || 4
|- bgcolor=#C1E8F7 align=center | 4º ||align=left| 20px Northampton |bgcolor=#ffffa5|65|| 22 || 14 || 0 || 8 || 5 || 4
|- bgcolor=#EFEFEF align=center | 5º ||align=left| 20px Exeter |bgcolor=#ffffa5|59|| 22 || 12 || 0 || 10 || 3 || 8
|- bgcolor=#EFEFEF align=center | 6º ||align=left| 20px Sale |bgcolor=#ffffa5|49|| 22 || 10 || 0 || 12 || 2 || 7
|- bgcolor=#EFEFEF align=center | 7º ||align=left| 20px Irish |bgcolor=#ffffa5|46|| 22 || 8 || 1 || 13 || 3 || 9
|- bgcolor=#EFEFEF align=center | 8º ||align=left| 20px Bath |bgcolor=#ffffa5|44|| 22 || 9 || 0 || 13 || 2 || 6
|- bgcolor=#EFEFEF align=center | 9º ||align=left| 20px Gloucester |bgcolor=#ffffa5|44|| 22 || 8 || 1 || 13 || 1 || 9
|- bgcolor=#EFEFEF align=center | 10º ||align=left| 20px Worcester |bgcolor=#ffffa5|36|| 22 || 7 || 1 || 14 || 0 || 6
|- bgcolor=#EFEFEF align=center | 11º ||align=left| 20px Wasps |bgcolor=#ffffa5|33|| 22 || 6 || 0 || 16 || 1 || 8
|- bgcolor=#FFC0E0 align=center | 12º ||align=left| 20px Newcastle |bgcolor=#ffffa5|32|| 22 || 6 || 2 || 14 || 0 || 4
|- bgcolor=#ffffff align=center |colspan="15"| <<<< 2010/11 — Tempadas —''' 2012/13 >>>>
En azul os equipos en play offs (1º, 2º, 3º e 4º). En rosa o equipo descendido (12º).
Semifinais e final
Na final da edición 2011-12 enfrontáronse inéditamente os Harlequins de Londres e os Tigers de Leicester. Para o equipo londiniense, que viña de rematar primeiro na táboa clasificatoria, era a primeira final da súa historia na liga inglesa de rugby, despois de 24 participacións. Para os Tigers, porén, era a oitava final consecutiva, e tiña a opción de acadar o seu décimo título de liga en 25 edicións disputadas.
O resultado final do encontro, disputado en Twickenham, foi de 30 a 23 a prol do conxunto arlequinado. Deste xeito o Harlequin FC fíxose co seu primeiro título de campión de liga.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da Premiership Crónica da final na páxina da Premiership Los 'Quins' se coronan reyes del rugby inglés por primera vez, artigo de Marca. Vídeo de Youtube coas principais xogadas da final
Categoría:Rugby en 2012 Categoría:Liga inglesa de rugby