Vakhtang "Buba" Kikabidze (en ), nado en Tiflis o 19 de xullo de 1938 e finado na mesma cidade o 15 de xaneiro de 2023, foi un cantante, actor e compositor xeorxiano.
Traxectoria Fillo da princesa Manana Bagration-Davitashvili e do xornalista Konstantin Kikabdidze, morto en combate en 1942 durante a segunda guerra mundial, cando Vakhtang tiña tres anos. Entre 1955 e 1957 estudou na Universidade de Tiflis e de 1961 a 1963 no Instituto de Linguas Estranxeiras de Tiflis. En 1966 fixo a súa primeira aparición no cinema e nese ano uniuse ao grupo Orera. Protagonizou o filme Minimo en 1977 que se converteu na súa interpretación máis coñecida, outros filmes nos que actuou foronNe Goryui (1970), Sovsem propaschij (1974) e o último filme foi Fortuna (2000). Como director realizou Itsotskhle genatsvale en 1981 e Mamakatsebi en 1985.
Discografía Pismo drugi. BUBA Records, 1999 Sekret Schastya. BUBA Records, 1999 Tango Lyubvi. OST-Records, 1999 Luchshie pesni. Noks Myuzik 2001 Grand Collection. Kvadro-Disk, 2002 Moi goda. Russkoie snabshenie 2003 Stariki-pasboiniki. Super Music 2004 Lyubownoye nastroyenie. Nikitin, 2005
Notas
Categoría:Nados en Tbilisi Categoría:Actores de Xeorxia Categoría:Cantantes de Xeorxia Categoría:Nados en 1938 Categoría:Finados en 2023 Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de Tbilisi