Víctor Castro Soto, nado en Lugo o 12 de abril de 1839 e finado na mesma cidade o 15 de maio de 1903El Norte de Galicia, 16-5-1903, p. 1,3., foi un xornalista galego.

Traxectoria Fillo de Juan Rodríguez de Castro. Empregado na Intervención de Facenda da provincia de Lugo. Traballou en El Buscapié, do que foi redactor até 1881. Posteriormente foi redactor de El Eco de Galicia, onde utilizou o pseudónimo Claridades, e dende 1892 dirixiu o xornalEl Correo Gallego, 6-1-1892, p. 2., ata que foi substituído por Emilio Tapia Rivas en 1898.

Vida persoal Casou con Rita Somoza Arias, e foi pai de Concepción, Salvador, Víctor, Rita, Victorino e José Castro Somoza.

Notas

Categoría:Xornalistas de Lugo Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1839 Categoría:Finados en 1903 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos