Claudio Cuveiro González, nado en Pontevedra e finado en Barcelona o 27 de decembro de 1915, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria miniatura|Tratado de la buena educación. Colaborou, xunto con Antolín Esperón e Manuel Ángel Couto, no semanario Las Musas del Lérez de Pontevedra. Escribiu artigos para os xornais El Alerta (1864-1865) e El Buscapié (1865-1868), e para a Revista de Primera Enseñanza (1865-1870). Dirixiu o Diario de Pontevedra en 1879. Como autor teatral estreou en 1881 no Teatro Variedades de Madrid a peza Qué noche! Tamén foi animador de numerosos parladoiros científicos, xunto con Octavio Lois Amado ou Heliodoro Gastañaduy. Escribiu un Tratado de la buena educación o sean Reglas para conducirse los niños en sociedad (1866) con José Benito Juncal, a comedia Furor de asociación (estreada en 1866) e publicou a primeira versión en castelán da obra de Ernst Haeckel Natürliche Schöpfungsgeschichte (1868) co título Historia de la creación de los seres orgánicos (1878). Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Xornalistas de Pontevedra Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Dramaturgos de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1915 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Dramaturgos do século XIX