A bandeira de Azawad, un estado non recoñecido que declarou a súa independencia de Malí o 6 de abril de 2012, componse de 3 franxas horizontais de cor verde, vermella e negra, cun triángulo amarelo pegado ó mastro. É a mesma bandeira que a do Movemento Nacional de Liberación de Azawad.

O deseño baséase na bandeira de Palestina coas cores panafricanas.

Durante as anteriores rebelións tuareg, propuxéronse dúas bandeiras distintas para Azawad. Unha delas era horizontal bicolor azul e branco cun triángulo vermello, e a outra era unha bandeira branca lisa coa lúa crecente e estrela azuis.

Outras bandeiras

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Bandeiras nacionais obsoletas Categoría:Bandeiras de Malí Categoría:Bandeiras introducidas en 2012