miniatura|Galina Vishnevskaya co seu home Mstislav Rostropovich Galina Pavlovna Vishnevskaya (en lingua ruso Гали́на Па́вловна Вишне́вская), nada en Leningrado o 25 de outubro de 1926 e finada o 11 de decembro de 2012, foi unha soprano rusa.

Traxectoria Vishnevskaya viviu na infancia coa súa avoa en Kronstadt fixo o seu debut profesional en 1944 cantando opereta, despois foi solita da Filharmónica de Leningrado e logo dun ano estudando con Vera Nikolayevna Garina, gañou unha competición organizada polo Teatro Bolshoi en Moscova en 1952 e ao ano seguinte converteuse en membro do Bolshoi.

O 9 de maio de 1960 fixo a súa primeira actuación en Saraxevo, no Teatro Nacional, como Aida. En 1961 debutou na Metropolitan Opera tamén como Aida; e ao seguinte ano na Royal Opera House no mesmo papel. Para o seu debut en La Scala en 1964, cantou a Liùno Turandot, xunto a Birgit Nilsson e Franco Corelli.

Ademais dos papeis habituais no repertorio ruso de ópera, Vishnevskaya tamén interpretou a Violetta, Tosca, Cio-cio-san, Leonore, e Cherubino e Benjamin Britten escribiu o papel de soprano do seu War Requiem (rematado en 1962) especialmente para elaMarjorie Wright The Rise and Fall of a La Scala Diva:Janus (2007), páx. 26.

Vishnevskaya estivo casada con Mstislav Rostropovich desde 1955 ata a súa morte en 2007, traballando xuntos regularmente (el ao piano ou como director). En 1974 pediron ás autoridades soviéticas permiso para residir fóra, asentándose nos Estados Unidos e París e en 1978 a URSS declarounos oficialmente renegados, retirándolles a cidadanía soviética. En 1984 publicou as súas memorias e en 2002 abriu o seu propio teatro da ópera en Moscova.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Fundación Vishnevskaya-Rostropovich Galina Vishnevskaya canta Ritorna Vincitor! de Aida

Categoría:Sopranos de Rusia Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Nados en San Petersburgo