.au é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Australia.

O dominio está operado pola sociedade .au Domain Administration (auDA), unha organización sen ánimo de lucro composta por membros de organizacións de Internet, empresas, e outras persoas interesadas. auDA opera coa autorización do goberno australiano. Outros organismos teñen delegada a administración dalgúns subdominios como é o caso de AICTEC,Australian Information and Communications Technology in Education Committee (AICTEC) AGIMOAustralian Government Information Management Office (AGIMO) e CSIROCommonwealth Science and Industry Research Organisation (CSIRO) cos dominios de segundo nivel .edu.au, .gov.au e .csiro.au respectivamente.

Dominios de segundo nivel Non é posible rexistrar directamente o segundo nivel pero o dominio .au presenta unha extensa lista de onde se pode escoller o subdominio. Os dominios de segundo nivel están divididos en abertos, cerrados e xeográficos.

Dominios abertos Hai sete dominios de segundo nivel abertos. Dise aberto porque só hai que cumprir unha condicións xenéricas para poder rexistrarse. .asn.au: asociacións. .com.au: organizacións comerciais. .net.au: organizacións comerciais. .id.au: cidadáns australianos ou residentes. .og.au: organizacións non comerciais. .info.au: non se aceptan novas solicitudes. .conf.au: non se acepten novas solicitudes.

Dominios pechados Hai tres dominios de segundo nivel pechados. Díselles pechados porque só son dispoñibles para entidades de sectores concretos. .edu.au: institucións educativas de nivel federal ou estatal. A administración do dominio estivo delegada ao Comité Australiano de Tecnoloxías da Información e Comunicacións na Educación (AICTEC) .gov.au: institucións gobernamentais de nivel federal, estatal ou local. A administración do dominio estivo delegada á Oficina de Administración de Información do Goberno Australiano (AGIMO) .csiro.au: uso exclusivo para a Organización da Investigación Científica e Industrial da Commonwealth (CSIRO)

Dominios xeográficos Hai oito dominios de segundo nivel xeográficos pensados para cada estado ou territorio de Australia. .act.au: Territorio da Capital Australiana. .nsw.au: Nova Gales do Sur. .nt.au: Territorio do Norte. .qld.au: Queensland. .sa.au: Australia Meridional. .tas.au: Tasmania. .vic.au: Victoria.

Outros dominios territoriais O dominio .au non é o único dominio territorial de primeiro nivel de Australia. Os seguintes dominios foron asignados por razóns históricas a diversos territorios australianos: .cc: Illas Cocos .cx: Illa Christmas .hm: Illa Heard e Illas McDonald .nf: Illa Norfolk

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Información no IANA do .au

Categoría:Dominios de Internet Categoría:Australia

sv:Toppdomän#A