José María Eugenio MacCrohon y Blake, nado en Ferrol o 13 de maio de 1803 e finado no mar Vermello o 21 de agosto de 1860, foi un político e militar español, deputado, senador, ministro interino de Guerra, titular de Mariña, gobernador colonial de Santiago de Cuba, tenente xeneral do exército e director da Garda Civil.
Foi deputado por Málaga en 1837 e por Alacant en 1854 e 1858 e senador vitalicio na lexislatura 1858-60.Senado de España. Expediente personal del Senador Vitalicio D. José Mac-Crohon y Blake.
Ministro de Mariña entre o 27 de novembro de 1858 e o 9 de xullo de 1860, tamén desempeñou interinamente o cargo de ministro de Guerra en ausencia de Leopoldo O'Donnell.
Morreu no verán de 1860 (21 de agosto) como consecuencia, segundo parece, da excesiva calor sufrida durante a travesía do mar Vermello, desde Suez a Adén, cando ía camiño de Manila a ocupar o seu posto como Capitán Xeneral de Filipinas.Gaceta de Madrid. Nota necrolóxica, 14 de setembro de 1860, e Caceta de Madrid. Aclaraciones al fallecimiento del general Mac-Crohon, 19 de setembro de 1860.
Notas
Categoría:Ministros de España Categoría:Militares de Galicia Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1803 Categoría:Senadores de España Categoría:Finados en 1860 Categoría:Directores xerais da Garda Civil