Ángel Benito Currás Fernández, nado en TrabadaÁngel Curras: «Me veo poco con Conde Roa» o 2 de decembro do 1954, é un profesor e político galego do PPdeG, que foi alcalde de Santiago de Compostela.

Traxectoria É doutor en Ciencias Biolóxicas e catedrático de ensino secundario no IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela. Foi profesor asociado da USC, director económico-administrativo do proxecto cultural Santiago de Compostela, Cidade Europea da Cultura do ano 2000 (1996-2000) e director-xerente da Fundación Pública Cidade da Cultura de Galicia (2000-2005). Foi Concelleiro de Cultura, Educación e Normalización Lingüística e primeiro tenente de alcalde do concello de Santiago de Compostela.

Trala dimisión de Gerardo Conde Roa, accedeu á alcaldía de Santiago de Compostela en abril de 2012A débeda con Facenda destitúe a Conde Roa da alcaldía de Santiago, artigo en Praza pública..

En xaneiro do 2013 foi citado a declarar como imputado por un presunto delito de tráfico de influencias no marco da operación Pokémon.Ángel Currás declárase inocente e di que non ten pensado presentar a dimisión en Praza Pública. O 9 de xuño de 2014, logo dunha fonda crise institucional, dimitiu como alcalde, sendo substituído por Agustín HernándezFeijóo envía Agustín Hernández a apagar o incendio de Santiago. Continuou como concelleiro até outubro, cando foi nomeado para dirixir en Galicia a empresa Tragsa en substitución de César AjaUn novo edil non electo substituirá a Currás, premiado coa dirección galega de Tragsa.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía na web do Concello de Santiago

Categoría:Alcaldes de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Trabada Categoría:Nados en 1954