Emile Berliner, nado o 20 de maio de 1851 e finado o 3 de agosto de 1929, foi un inventor xermano-estadounidense do transmisor telefónico, do gramófono, dos discos de vinilo e precursor do micrófono. Tamén dedicou gran parte da súa fortuna en axudar a reducir a mortalidade infantil.«Emile Berliner (1851 - 1929)» Museo de las comunicaciones

Biografía Naceu en Hannover, Alemaña, aos 19 anos emigrou a Estados Unidos (1870) seguindo o exemplo dun amigo. Pasaba moito tempo na biblioteca do Instituto Cooper, onde adquiriu interese pola electricidade e o son.

En 1876 asistiu en Filadelfia a unha gran exhibición de inventos e descubrimentos científicos, incluíndo o primeiro teléfono de Alexander Graham Bell que fascinou a Berliner. Comezou entón a investigar como melloralo na súa vivenda en Washington, até que logrou crear un bo emisor para enviar mensaxes sen importar a distancia. En termos simples, inventou un micrófono.

En setembro de 1877, a empresa Bell Telephone de Boston pagoulle a Berliner polo seu invento e contratouno para desenvolver outras melloras, até que en 1883 deixou a compañía e regresou a Washington para traballar no seu laboratorio. Alí inventou o gramófono en 1887, que permitiu a gravación e reprodución de sons en discos.

Gramófono e fonógrafo non son sinónimos Ambos utilizan a gravación mecánica (un dos tres sistema analóxicos de gravación), pero é o único que teñen en común. O fonógrafo utilizaba cilindros, como as caixas de música. O gramófono usaba discos, aínda que non estaban feitos de acetato de vinilo.

Thomas Edison patentou o fonógrafo en 1877, Berliner o gramófono case unha década máis tarde.

O gramófono comezou a ser comercializado en 1893 pola compañía "The United States Gramophone Company" que Berliner fundou. Cara a 1899, o invento de Emile Berliner estaba en mans de tres compañías: "The Berliner Gramophone Company" (Philadelphia) que fabricaba os gramófonos e os discos, "The Seaman National Gramophone" (Nova York) que levaba a cabo a comercialización e "United States Gramophone Company" (Washington) da que el era dono.

O 2 de xaneiro de 1900 Berliner comeza a fabricar en Montreal os discos de sete polgadas dun só lado ou sinxelos. A principios do mesmo ano, a segunda das compañías mencionadas negociou un acordo coa "American Gramophone and Columbia Phonograph" para fabricar o zonófono, un aparato similar. Berliner considerouno unha traizón ao acordo de exclusividade que tiña, o que se agravou cando mediante un xuízo comercial a "Seaman National Gramophone" logrou que se prohibira á compañía de Berliner vender o seu invento nos Estados Unidos. Por isto, Berliner trasladou a súa empresa a Montreal (Canadá), a cal pasou a chamarse "Berliner Gram-O-phone Company".

O 16 de xullo de 1900, Berliner rexistrou o logotipo da súa compañía: un can escoitando un gramófono. En 1924, a compañía foi comprada por "Victor Talking Machine Company", a cal en 1929 pasou a chamarse RCA Victor, tras ser adquirida por Radio Corporation of America (RCA). Emile Berliner faleceu o 3 de agosto de 1929, como consecuencia dun infarto de corazón.

Algunhas publicacións Libros Conclusions, 1902, Kaufman Publishing Co. The Milk Question and Mortality Among Children Here and in Germany: An Observation, 1904, The Society for Prevention of Sickness Some Neglected Essentials in the Fight against Consumption, 1907, The Society for Prevention of Sickness A Study Towards the Solution of Industrial Problems in the New Zionist Commonwealth, 1919, N. Peters Muddy Jim and other rhymes: 12 illustrated health jingles for children, 1919, Jim Publication Company.

Patentes Imaxes de patentes en TIFF (bobina indutiva), solicitado en outubro de 1877, outorgado en xaneiro de 1878 (micrófono de diafragma a carbón), solicitado en agosto de 1879, outorgado en decembro de 1879 (loose carbon rod), solicitado en setembro de 1879, outorgado en febreiro de 1880 (spring carbon rod), solicitado en nov. 1879, outorgado en marzo de 1880 UK Patent 15232 solicitado en 8 de novembro de 1887 (rexistro horizontal), orixinal solicitado en maio de 1887, resolicitado en setembrp de 1887, outorgado en 8 de novembro de 1887 (rexistro en fina cera sobre metal ou vidro, subsecuentemente fixado quimicamente), solicitado en marzo de 1888, outorgado en maio de 1888 (micrófono), solicitado en xuño de 1877, outorgado en novembro de 1891 solicitado en marzo de 1893, outorgado en outubro de 1895 (gravado no fondo dun disco plano e transparente), solicitado en 7 de novembro de 1887, outorgado en xullo de 1896

Notas

Véxase tamén Outros artigos Historia do rexistro do son Bibliografía

Ligazóns externas Emile Berliner e o nacemento da industria de gravación na Biblioteca do Congreso Emile Berliner: Inventor do gramófono (Biblioteca do Congreso) Berliner en Inventor's Hall of Fame Museo das ondas Emile Berliner, de Montreal, Quebec.

Categoría:Son Categoría:Inventores de Alemaña Categoría:Nados en Hannover Categoría:Nados en 1851 Categoría:Finados en 1929 Categoría:Alumnos da Cooper Union