.kp é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) reservado para Corea do Norte, introducido no 2007 e supervisado polo Korea Computer Center Europa ata 2012 cando pasaron a Star Joint Venture con sede na capital coreana. Hai poucas web co dominio .kp e están dirixidas ao público estranxeiro por canto o acceso no país está restrinxido e só se permite cunha autorización especial.

Véxase tamén Ligazón externa Información sobre o .kp na web da IANA

Categoría:Dominios de Internet Categoría:Corea do Norte