Roberto Colunga Fernández, nado o 14 de outubro de 1970 en Xixón, é o Secretario Xeral do Bloque por Asturies dende a súa fundación e foi deputado da Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2010 a 2011.
Traxectoria Primeiro, substituíu a Francisco Javier García Valledor,O xixonés Roberto Colunga (Bloque por Asturies) substituirá a Valledor trala súa dimisión no grupo de Esquerda Unida e logo, formou parte do Grupo Parlamentario Mixto.O Bloque solicita constituírse como Grupu Mistu
Técnico deportivo en grao medio, tamén é hostaleiro e adestrador dun dos equipos inferiores do C.D. Mª Rubio. Foi axudante do concelleiro de cultura tradicional e lingua asturiana na Xunta do Goberno de Xixón, dende onde apostou polo Festival Xixón 5º40'.
Foi membro da Xunta Reitora da Fundación Municipal de Cultura e da Universidade Popular de Xixón, así como cantante e guitarrista do grupo Eskándalo Públiko.
Dentro do asturianismo foi membro fundador da INA e do propio Bloque por Asturies.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Nacionalismo asturiano Bloque por Asturies
Ligazóns externas Ficha do deputado na web da Xunta Xeral do Principado de Asturias.
Categoría:Nacionalistas asturianos Categoría:Deputados da Xunta Xeral do Principado de Asturias Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados en Xixón