O State of Origin é unha competición anual de rugby league de Australia, consistente nunha serie de 3 encontros nos que se enfrontan os equipos representativos dos estados de Nova Gales do Sur e Queensland. O torneo naceu en 1980 e representa unha das rivalidades rexionais máis fondas do mundo en calquera disciplina deportiva.
Historia A NRL é unha das dúas ligas profesionais máis tradicionais e antigas en Australia. A liga naceu en Sydney, e mantívose composta só por equipos da cidade durante décadas. Co tempo foise estendendo por outras cidades de Nova Gales do Sur, mentres que en Queensland existía outra liga menos profesionalizada, pero tamén cun gran nivel. Antes da chegada da primeira franquía profesional da NRL a Queensland, no estado xa existía unha gran crenza de que o nivel do rugby league de Queensland podía ser superior ó de Nova Gales do Sur. De feito, moitos xogadores de Queensland tiñan participado na NRL en equipos de Sydney cun grande éxito.
Nova Gales do Sur e Queensland tiñan cadansúa federación independente. Ámbalas dúas chegaron a un acordo para artellar un campionato anual que enfrontase ás selección dos dous estados, unha vez analizado que podería ser de grande interese nos medios e deportivo. Medios de comunicación e xente de negocios achegaron o seu apoio, e a competición saíu adiante. As dúas primeiras edicións levadas a cabo nos anos 1980 e 1981 consistiron nun único encontro. Foi a partir de 1982 cando o State of Origin comezou co seu actual formato, consistente en 3 encontros. Palmarés Táboa de gañadores Ano Gañador Vitorias Derrotas Empates1980 Queensland 1 0 01981 Queensland 1 0 01982 Queensland 2 1 01983 Queensland 2 1 01984 Queensland 2 1 01985 Nova Gales do Sur 2 1 01986 Nova Gales do Sur 3 0 01987 Queensland 2 1 01988 Queensland 3 0 01989 Queensland 3 0 01990 Nova Gales do Sur 2 1 01991 Queensland 2 1 01992 Nova Gales do Sur 2 1 01993 Nova Gales do Sur 2 1 01994 Nova Gales do Sur 2 1 01995 Queensland 3 0 01996 Nova Gales do Sur 3 0 01997 Nova Gales do Sur 2 1 01998 Queensland 2 1 01999 Queensland 1 1 12000 Nova Gales do Sur 3 0 02001 Queensland 2 1 02002 Queensland 1 1 12003 Nova Gales do Sur 2 1 02004 Nova Gales do Sur2102005 Nova Gales do Sur2102006 Queensland2102007 Queensland 2 1 02008 Queensland 2 1 02009 Queensland 2 1 02010 Queensland 3 0 02011 Queensland 2 1 0 Queensland gañou 8 das 10 primeiras edicións, Nova Gales do Sur fíxose con 10 das seguintes 16, e Queensland acadou 6 títulos seguidos entre 2006 e 2011. Antes da disputa da edición 2012, Queensland ten no seu palmarés 18 triunfos, por 14 de Nova Gales do Sur.
Véxase tamén Outros artigos National Rugby League Ligazóns externas Sección do State of Origin na páxina oficial da NRL Páxina non oficial do State of Origin Vídeos Vídeo conmemorativo do 25º aniversario do torneo. Vídeo das frecuentes liortas entre xogadores do State of Origin. O famoso placaxe de Gorden Tallis sobre Brett Hodgson en 2002. Categoría:Deporte en Australia Categoría:Rugby League