Cabell Calloway III, coñecido por Cab Calloway (25 de decembro de 1907 - 18 de novembro de 1994) foi un famoso cantante e músico de jazz estadounidense. Calloway foi un importante músico de scat e a súa banda foi unha das orquestras de jazz afroamericanas máis populares de Estados Unidos entre os anos 1930 e 1940. A orquestra de Calloway tiña a músicos como os trompetistas Dizzy Gillespie e Adolphus "Doc" Cheatham, saxofonistas Ben Webster e Leon "Chu" Berry e o baixista Milt Hinton. Calloway seguiu facendo música ata a súa morte en 1994 á idade de 86 anos.
Categoría:Vocalistas de jazz Categoría:Músicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Monroe, Nova York Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1994