A historia de Washington, D.C. está ligada ao seu papel como capital dos Estados Unidos. Orixinalmente habitada polo pobo algonquino coñecido como Nacotchtank, o lugar do Distrito de Columbia ao longo do río Potomac foi escollido por vez primeira polo presidente George Washington. A cidade foi atacada durante a guerra anglo-estadounidense de 1812 nun episodio coñecido como a Queima de Washington. Tras o regreso do goberno á capital, este tivo que xestionar a reconstrución de numerosos edificios públicos, incluída a Casa Branca e o Capitolio dos Estados Unidos. O Plan McMillan de 1901 axudou a restaurar e embelecer a zona central da cidade, incluíndo a creación do National Mall, xunto con numerosos monumentos e museos.

Os nativos indíxenas vivían na rexión do Distrito de Columbia preto de 12 mil anos antes da chegada dos primeiros exploradores europeos. Un dos primeiros europeos a explorar a rexión foi o inglés John Smith de Jamestown, un soldado que anteriormente axudou a establecer a colonia de Jamestown. Smith explorou a rexión vía o Río Potomac, en 1608. Smith atoparía unha tribo Nacotchtank, un grupo nativo que falaba un idioma algonquino. Os nativos inicialmente recibiron amigabelmente o comercio europeo, mais conflitos sobre propiedade de terras levaron posteriormente a batallas entre colonizadores europeos e os nativos. Os Nacotchtank terminaron abandonando as súas vilas e refuxiáronse nas forestas da rexión.

En 1751, esta pequena comunidade foi renomeada George Town, e posteriormente, Georgetown.

Tohoga e Georgetown En 1632 está documentada a existencia dunha aldea dos nativos Nacotchtank no que hoxe é o barrio de Georgetown. Chamábase Tohoga. En 1662 realizáronse as primeiras vendas de terras a colonos ingleses ao longo do Potomac para o cultivo de tabaco. Ao pouco tempo comezaron a xurdir conflitos cos nativos, polo que en 1697 se levantou un forte. Ademais, estas grandes plantacións utilizaban bastante o traballo escravo.

Arredor de 1745, o colono George Gordon construíu un posto de inspección de tabaco na marxe sur do Potomac, xusto no último punto augas arriba navegable para grandes navíos. Deseguido creceron alí almacéns, peiraos e unha pequena comunidade portuaria. En 1751 o goberno de Maryland comproulle a Gordon terras para fundar no lugar a vila de Georgetown.

Escolla como capital dos Estados Unidos Moitas cidades norteamericanas xa foran capitais dos Estados Unidos, ao longo dos primeiros anos que sucederan á independencia dos Estados Unidos. En 1783, o congreso norteamericano decidiu que os Estados Unidos deberían ter un centro permanente de goberno.

O gran problema era que a área onde se instalase a capital gañaría grande influencia política e económica. Moitos dos membros do congreso norteamericano eran do Norte industrializado, onde a escravitude apenas se usaba, e nalgúns estados se consideraba ilegal, e querían que a capital norteamericana se fixase en Filadelfia, entón a maior cidade norteamericana. Pola contra, os representantes dos estados do Sur agropecuario, dependentes da escravitude, querían a capital nunha cidade no Sur.

Alexander Hamilton, o entón secretario do Tesouro norteamericano, e Thomas Jefferson, Secretario do Estado, chegaron a un acordo sobre esta disputa. Hamilton estaba preocupado por estabilizar a economía do país e, para iso, un paso importante era o pagamento das débedas contraídas ao longo da guerra de independencia. Hamilton consideraba que o Congreso debía pagar o resto das débedas dos Estados do Norte. Jefferson, de Virxinia, un estado do Sur que xa pagara todas as súas débedas, aceptou pagar as débedas dos Estados do Norte no caso de que Hamilton aceptase que a capital norteamericana fose unha cidade no Sur dos Estados Unidos. Isto resultou na Residence Act, en 1790, que deu ao entón presidente norteamericano, George Washington, o poder de escoller o lugar onde sería construída a nova capital americana.

Washington escolleu, en 1791, unha área de 259 km² no Río Potomac, entre os Estados americanos de Maryland e Virxinia, onde estaba localizada a vila de Georgetown. O lugar escollido por Washington ficaba a apenas algúns quilómetros da súa casa, no Mount Vernon (Virxinia). Os Estados de Maryland e Virxinia cederon esta área para o goberno federal.

Construción George Washington contratou a Pierre Charles L'Enfant, un enxeñeiro francés, para a creación da cidade]]. Unha dificultade foi a resistencia dos ricos propietarios de terra da rexión escollida en vender as súas terras.

Os planos e deseños de L'Enfant prevían unha cidade centrada no Capitolio dos Estados Unidos, cruzada por avenidas diagonais nomeadas con nomes dos Estados do país. Os cruzamentos destas avenidas con rúas correndo nun sentido norte-sur e leste-oeste serían rotatorias, e homenaxearían grandes personalidades norteamericanas. Outra idea era a construción dun enorme parque na marxe norte do Río Potomac, que constitúe o actual National Mall, construída no inicio do século XX. En tanto era construída Washington, George Washington e o Congreso norteamericano gobernaban o país noutras cidades escollidas temporalmente como capital federal.

Grazas a Andrew Bellicott e a Benxamin Banneker, que posuían os planos e deseños de L'Enfant, a construción da cidade continuou, e o Distrito de Columbia foi inaugurado como capital permanente dos Estados Unidos de América, en 1800. O goberno federal decidira nomear a capital dos Estados Unidos como Washington, nunha homenaxe a George Washington, non só polo papel que este tivo na creación da cidade senón na historia dos Estados Unidos como un todo.

1800 a 1860 250px|dereita|miniatura|A Casa Branca. Cando foi inaugurada, a constitución norteamericana deu ao congreso nacional o poder de gobernar directamente o distrito de Columbia. O congreso nacional estableceu un goberno de carácter rexional para Washington, coa creación dun Consello municipal, cuxos membros eran electos directamente polos habitantes. O prefecto, porén, era escollido directamente polo presidente. Non foi ata 1820 que os habitantes da Washington tiveron o dereito de escoller o prefecto da cidade. Porén, desde a súa inauguración, todos os habitantes que residían no Distrito de Columbia non tiñan o dereito de escoller o presidente dos Estados Unidos nas eleccións nacionais, dereito que ficou dispoñíbel só en 1961.

En agosto de 1814, na Guerra de 1812, tropas británicas invadiron a capital, partindo do Canadá e incendiando as principais estruturas da cidade. O presidente americano e os membros do Congreso federal xa saíran da cidade, mais a moral da poboación atinxiu un nivel moi baixo. Tropas norteamericanas encargadas de defender a capital fuxiron antes de seren atacadas polos ingleses. Despois do fin da guerra, discutiuse mover a capital norteamericana a un lugar menos vulnerábel a ataques militares, mais os habitantes da cidade persuadiron o Congreso de ficar na cidade. Washington pasou por un proceso de reconstrución, que terminou en 1819. As paredes externas da Mansión Presidencial, chamuscadas no ataque inglés, foron pintadas de branco para que as manchas negras das paredes queimadas ficasen escondidas. Esa mansión é actualmente coñecida como a Casa Branca.

Cando Washington foi inaugurada como capital, prevíase que a cidade sería un importante centro industrial e comercial, alén da natural posición de centro político máis importante dos Estados Unidos. Porén, moitas cidades na rexión, como Boston, Charlottetown, Filadelfia, Nova York e especialmente Baltimore, a maior cidade de Maryland, impediron un rápido crecemento de poboación de Washington. A poboación de Washington ficou en torno de apenas 50 mil habitantes ata o fin da década de 1840, e moito do terreo do Distrito de Columbia estaba sen uso. No seu tórrido verán, Washington ficaba practicamente deserta. En 1846, o Congreso nacional decidiu devolver a área ao sur do Río Potomac ao Estado de Virxinia.

Escravitude e Guerra Civil 250px|dereita|miniatura|O Memorial de Lincoln, que homenaxea Abraham Lincoln, un dos presidentes norteamericanos máis famosos do país, e que foi asasinado na cidade.

Unha cuestión controvertida na capital dos Estados Unidos era a escravitude. Washington está localizada na Rexión Sur dos Estados Unidos, onde o uso de escravos era extensivo. Os escravos construíran moito da cidade, incluíndo estruturas gobernamentais e vías públicas. Mais boa parte do país estaba contra a escravitude, especialmente a poboación dos estados do norte. En 1850, unha lei nacional prohibiu o comercio escravo en Washington, e foi definitivamente abolido polo presidente americano Abraham Lincoln, en 1862, cando a Guerra Civil Americana xa comezara dous anos antes. Os propietarios de escravos que decidiron ficar do lado da Unión nortista (compostas por estados que apoiaban a abolición da escravitude), e leais ao presidente norteamericano foron recompensados con 300 dólares por escravo liberado.

Washington está localizada ao norte da Virxinia, un Estado do Sur confederado, e altamente vulnerábel a un ataque surista. Abraham Lincoln creou unha forza militar, a Tropa de Potomac, co obxectivo de defender Washington, a capital dos estados da Unión. Aínda que isto non fose necesario, unha vez que unha capital temporal puidese ser escollida nun local menos vulnerábel, Lincoln e a maioría do Congreso da Unión decidiu que a capital da Unión debería continuar sendo Washington.

A necesidade de defender a capital da Unión fixo que a poboación de Washington medrase axiña. Con 60 mil habitantes no comezo da guerra, Washington chegou aos 120 mil no final da Guerra Civil. Millares de soldados protexían Washington, millares de persoas viñan doutras rexións dos Estados Unidos, empeñadas en axudar nos esforzos de guerra, dirixíanse á cidade, ben como millares de afroamericanos que, fuxindo da escravitude, viñan dos estados do sur confederado. Este crecemento levou á falta de vivendas e os sistemas de sanidade pública deixaron de atender de forma eficiente á poboación da cidade. Despois do fin da guerra, o goberno norteamericano, a través dun novo plano director, reformou moito da cidade, e estes problemas foron resolvidos.

O presidente norteamericano Lincoln foi asasinado en 14 de abril de 1865, apenas algúns días antes do termo da guerra, no Ford's Theater, por John Wilkes Booth.

1865 a 1900 250px|miniatura|dereita|Washington en 1876.

En 1871, o Congreso norteamericano fixo do Distrito de Columbia un territorio gobernamental. Washington e inmediacións foron gobernadas por algúns anos por un gobernador, Alexander Sheppard, pesoalmente escollido polo presidente. Sheppard era o principal administrador dun programa de planeamento urbano. Porén, non controlou adecuadamente as finanzas do Distrito, gastando moito máis do necesario, polo que foi acusado de deshonestidade e corrupción.

Un comité foi estabelecido en 1874, e descubriu que o territorio gobernamental de Columbia estaba cunha débeda de 20 millóns de dólares, e axiña o Congreso norteamericano decidiu abolir o territorio gobernamental. O Distrito de Columbia pasaría a ser administrado por tres persoas, directamente escollidas polo presidente, e que tiñan por cometido o control absoluto na administración do Distrito de Columbia. A cidade de Georgetown pasou a formar parte de Washington, desde entón, e os nomes das rúas de Georgetown foron modificadas para atender ás especificacións do plano director de L'Enfant. Por un longo período, a poboación de Washington non tería o dereito de escoller os membros do goberno rexional, un caso único entre as cidades dos Estados Unidos.

En 1888 foi inaugurado o Monumento de Washington.

1900 a 1950 250px|dereita|miniatura|A National Mall, construída no inicio do século XX, é un inmenso parque localizado no centro da cidade.

O National Mall foi proxectado e construído no inicio do século XX, nunha enorme área entre o Capitolio dos Estados Unidos e o Monumento de Washington.