O Soviet Supremo da Unión Soviética (en ruso Верховный Совет СССР, Verkhóvnyj Sovét SSSR) foi o soviet supremo e como tal o corpo lexislativo superior da Unión Soviética entre 1938 e 1989 e o único con capacidade para establecer emendas constitucionais. Entre 1989 e 1991 o Congreso dos Deputados do Pobo da Unión Soviética designou os seus membros. Elixía o Presidium, formaba o Consello de Ministros, o Tribunal Supremo, e designaba o Procurador Xeral da Unión Soviética.
Estrutura O Soviet Supremo compúñase de dúas cámaras, cada unha con iguais poderes lexislativos, e nas dúas os seus membros elixíanse por un período de catro anosGrande Enciclopedia Soviética, 3ª edición, entrada "Верховный Совет СССР" .
O Soviet da Unión, elixido sobre a base da poboación da URSS, un deputado por cada 300.000 persoas. O Soviet das Nacionalidades, representando ás nacionalidades, con 32 deputados por cada unha das repúblicas, 11 por cada república autónoma, cinco por cada oblast autónomo e unha por cada okrug autónomo
O número total de membros variou entre os 1556 de 1974 e os 542 de 1989. O Presídium levaba os asuntos do día a día do Soviet Supremo cando non estaba en sesión.
Presidente do Presidium do Soviet Supremo da Unión Soviética (1938–1989) Mikhail Kalinin 1938–1946 Nikolai Shvernik 1946–1953 Kliment Voroshilov 1953–1960 Leonid Brezhnev 1960–1964 Anastas Mikoyan 1964–1965 Nikolai Podgorny 1965–1977 Leonid Brezhnev (segundo mandato) 1977–1982 Yuri Andropov 1982–1984 Konstantin Chernenko 1984–1985 Andrey Gromyko 1985–1988 Mikhail Gorbachev 1 de outubro de 1988 – 25 de maio de 1989
Presidente do Soviet Supremo da Unión Soviética (1989–1991)
Mikhail Gorbachev 25 de maio de 1989 - 15 de marzo de 1990 Anatoli Lukyanov 15 de marzo de 1990 - 22 de agosto de 1991
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Soviet Presidium do Soviet Supremo da Unión Soviética Da Zdravstvuiet Nasha Derzhava - Himno do Presidente do Soviet Supremo
Ligazóns externas Lei electoral de 1937
Categoría:Política da Unión Soviética