José Manuel Fernández Sobrino, nado en Vilardevós en xullo de 1936, é un xornalista e escritor galego.

Traxectoria Asentou de novo no barrio da Ponte da vila de Ourense. Desenvolveu a súa actividade profesional en torno á cadea de radio COPE de Ourense, onde era comentarista habitual e retransmitía os partidos do CD Ourense nos desprazamentos. Foi nun destes desprazamentos, en Cambados onde despois do partido caeu enfermo dunha paraplexía que o deixou nunha cadeira de rodas. Dende entón as súas aparicións en antena foron diminuíndo en favor dos seus compañeiros Miguel Domínguez e Ricardo Seguín.

Froito da súa experiencia como comentarista deportivo chegou a escribir sobre o CD Ourense. Así no ano 2002 publicouse Club Deportivo Ourense: 1952-1977. En 2003 publicou a segunda parte da historia do Club: Club Deportivo Ourense: 1977-2002. Otros 25 años hasta el Cincuentenario.

Cos anos retomou a súa actividade literaria, coa publicación dun libro sobre o barrio ourensán da Ponte, que naquela época era concello de seu, co nome de Canedo. O libro, titulado La vida en A Ponte hasta 1960: de las viñas al asfalto, presentouse o 30 de setembro de 2010 na igrexa de Santiago das Caldas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia Información do libro CD Ourense , na web da Deputación de Ourense

Categoría:Nados en Vilardevós Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Vilardevós Categoría:Nados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes