miniatura|400px|Os catro reinos de Andalucía e as Novas Poboacións de Andalucía e Serra Morena (estas, en cor verde clara).

As Novas Poboacións de Andalucía e Serra Morena foron unha intendencia española (provincia) cuxa creación se iniciou contra 1767, durante o reinado de Carlos III, e que foi suprimida en 1813.Decreto CCXLIII, de 2 de marzo de 1813.

Durante a súa existencia foi a "quinta provincia andaluza", co mesmo nivel político e administrativo que os catro reinos de Andalucía: Córdoba, Xaén, Sevilla e Granada.

Creación A súa creación débese a un proxecto ilustrado elaborado por Campomanes e encomendado a Pablo de Olavide, que consistía en poboar as grandes extensións despoboadas existentes no curso do Camiño Real de Andalucía: o deserto de Serra Morena ou da Peñuela, no Reino de Xaén, o deserto da Parrilla, entre Córdoba e Écija e o deserto da Monclova, entre Écija e Carmona. O obxectivo era favorecer a seguridade do tránsito das persoas e mercadorías que circulaban polo camiño de Andalucía, especialmente dos perigos derivados do bandolerismo.

Para iso fomentouse neses lugares a agricultura e a industria, atraendo colonos centroeuropeos católicos, principalmente alemáns, flamengos e suízos. Os primeiros colonos foron traídos polo aventureiro bávaro Johann Kaspar von Thürriegel. Ao finalizar o seu contrato, en xullo de 1769, Thürreiegel introducira algo máis de sete mil colonos; precisamente aqueles cos que Pablo de Olavide puxo en marcha as Nuevas Poblaciones.Nuevas Poblaciones de Sierra Morena y Andalucía

A iniciativa pretendía implantar unha nova organización social, liberada en certo modo das restricións xurisdicionais do Antigo Réxime. A repoboación debía permitir tamén a posta en cultivo de terras abandonadas nun momento no que a liberación do comercio de cereais provocara unha importante alza de prezos. Para iso redactouse o Foro das Novas Poboacións,Real Cédula de su Magestad y señores de su Consejo que contiene la Instrucción y fuero de población, que se debe observar en las que se formen de nuevo en la Sierramorena con nativos y estrangeros Católicos, año 1767 en Madrid. mcu.es que regulaba os aspectos da vida económica e social dos colonos.

Os novos asentamentos humanos non recibiron o nome de cidade, vila ou lugar, senón que se coñecían como feligresías (freguesías) e aldeas e, todas en conxunto, como "Nuevas Poblaciones". A capitalidade da intendencia e sede do intendente estableceuse en La Carolina, cuxa construción xa estaba finalizada en 1770, e en La Carlota.

Coa caída de Pablo de Olavide, o 22 de marzo de 1795, Tomás González Carvajal foi nomeado intendente das Novas Poboacións de Andalucía e Serra Morena.

As Poboacións

No Reino de Xaén as novas poboacións foron as seguintes: Aldeaquemada, Arquillos, Carboneros, La Carolina, Las Correderas, Guarromán, Miranda del Rey y Magaña, Montizón, Navas de Tolosa, Rumblar e Santa Elena].Mapa en La Concepción de Almuradiel, pola súa parte, estaba encravada en La Mancha.

A fregueresía de La Carolina contaba con tres aldeas: Los Cuellos, Camino de Granada e Vista Alegre. A de Carboneros, con tres: El Acebuchal, La Mesa de Carboneros e Escolástica. Guarromán, con outras tres: Arellano, Martín Malo e Los Ríos. Arquillos, con unha: El Porrosilo. Montizón, con dúas: Aldeahermosa e Venta de los Santos. Aldeaquemada con dúas: Buenos Aires y Santa Cruz. Santa Elena con unha: Aldeanueva. Miranda del Rey, con unha: Magaña. As Navas de Tolosa, con unha: Fuerte del Rey.

No Reino de Córdoba e no Reino de Sevilla creáronse as novas poboacións de: La Carlota, La Luisiana, Fuente Palmera, San Sebastián de los Ballesteros e a aldea de San Calixto], na Serra de Tardón (termo municipal de Hornachuelos). O enxeñeiro militar José de Ampudia y Valdés realizou en 1761 o plano topográfico da Serra de Tardón.

A freguesía de La Carlota contaba con cinco aldeas: La Fuencubierta, Garabato, Pinedas, Pequeña Carlota e Vaneguillas. A de Fuente Palmera, con sete: Aldea del Río, Fuente Carreteros, La Herrería, Los Silillos, Peñalosa, Villalón e La Ventilla. La Luisiana, pola súa parte, contaba con tres aldeas: Cañada-rosal, El Campillo e Motillos.

Noutros lugares do reino de Sevilla afastados do Camiño Real de Andalucía creáronse outras poboacións similares, aínda que no formaron parte das Novas Poboacións Andalucía e Serra Morena nin gozaron dos seus foros. Estas poboacións foron Prado del Rey e Algar.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Alcázar Molina, Cayetano (1930): Las colonias alemanas de Sierra Morena. Notas y documentos para su historia. Madrid: Impr. sucs. de Rivadenayra. Hamer, Adolfo (2009): La Intendencia de las Nuevas Poblaciones de Sierra Morena y Andalucía, 1784-1835. Gobierno y administración de un territorio foral a fines de la Edad Moderna''. Córdoba: Universidad de Córdoba y CajaSur Publicaciones. ISBN 978-84-7801-982-3.

Outros artigos Colonización de Serra Morena

Ligazóns externas Las Nuevas Poblaciones. La Ilustración de Sierra Morena y Andalucía .

Categoría:Historia de Andalucía Categoría:Ilustración (corrente intelectual)