Planum Australe é a chaira máis ó sur de Marte, de feito ocupa boa parte do seu polo sur, estende dende os 75º S ata o centro do polo sur, exactamente está centrada sobre as coordenadas 83,35° S 157,7° E. As características desta rexión deberon ser estudadas pola infrutuosa misión da sonda da NASA Mars Polar Lander, sonda coa que se perdeu o contacto cando esta entrou na atmosfera marciana.

Capa de xeo Planum Australe está parcialmente cuberta por unha capa permanente de xeo composta por xeos de auga e dióxido de carbono duns 3 km de grosor. Tamén se forma unha capa de xeo durante a estación invernal sobre a capa permanente, esta capa invernal acaba acadando a latitude 60°S. No punto máis álxido do inverno, o grosor desta capa invernal pode acadar o metro de espesor. É posible que a área que cobre esta capa de xeo se estea encollendo debido a cambios climáticos locais ou a un cambio climático máis global. esquerda|miniatura|200px|Mapa topográfico do polo sur de Marte. Fágase notar coma a chaira se eleva sobre os terreos craterizados dos arredores. Preme na imaxe para obter máis información En 1966, Leighton e Murray propuxeron que as capas de xeo dos polos marcianos almacenaban máis CO2 cá atmosfera marciana. Pola contra hoxe en día é sabido que a inmensa maioría do xeo dos polos marcianos está composto de xeo de auga. Ambos polos cóbrense cunha fina capa temporal de xeo de CO2, ademais o polo sur cóbrese dunha capa residual e permanente de xeo de CO2, duns 8 a 10 metros de espesor, a cal descansa sobre a capa de xeo de auga. Posiblemente a chave para explicar que o inmensa maior parte deste xeos dos polos é xeo de auga, é que o xeo de CO2 non é mecanicamente o suficientemente duro coma para manter unha capa de xeo de 3 km de espesor durante longos períodos de tempo.. Evidencias obtidas polo radar SHARAD, con capacidade de penetración na masa de xeo, revelaron grandes cantidades de CO2 subterráneo, cantidades que serían aproximadamente iguais ó 80% do CO2 que hai na actual atmosfera marciana.

Datos obtidos coa sonda Mars Express da ESA indican que existen tres partes principais na capa de xeo. A capa máis refractiva está composta por un 85% de xeo seco e un 15% de xeo de auga. A segunda parte sería a capa que se estende ata grandes escarpas e ladeiras que forman a fronteira natural da planicie, esta capa estaría composta case por completo por xeo de auga. E por último a última capa serían os campos de permafrost que se estenden moitos quilómetros a partir das escarpas cara ao norte.

O centro da capa permanente non está situado a 90°S, se non que está desprazado 150 quilómetros ó norte do polo sur xeográfico. A presenza de dúas enormes cuncas de impacto no hemisferios occidental - Hellas Planitia e Argyre Planitia - crean unha área de baixas presións permanentes sobre a capa de xeo. O resultado deste fenómeno é a xeración, por parte desta borrasca, dunha neve moi esponxosa e branca, a cal ten un altísimo albedo. Isto contrasta moito cos xeos escuros que se forman na parte oriental da rexión polar, a cal tamén recibe menos neve.

Accidentes xeolóxicos

Hai dúas subrexións dentro de Planum Australe - Australe Lingula e Promethei Lingula. Estas subrexións están cortadas polos grandes canons Promethei Chasma, Ultimum Chasma, Chasma Australe e Australe Sulci. Formulouse a teoría de que estes canons puideron ser labrados polos vento catabáticos. O cráter máis grande de Planum Australe é McMurdo Crater.

Géiseres en Marte

A formación e fundido da capa de xeo do polo sur marciano crea unha gran cantidade de sistemas de canles con forma de arañeira sobre a capa de xeo dun metro de espesor grazas a enerxía achegada á luz solar. Tamén, o CO2 sublimado (e posiblemente tamén a auga) incrementan a presión no interior da capa de xeo, provocando erupcións semellantes a géiseres que expulsan fluídos fríos a miúdo mesturados con area basáltica escura ou con lama. Estes géiseres morren axiña, unha vez que os gases que se sublimaron dentro da capa de xeo escapan a atmosfera, pero o fenómeno da aparición destes géiseres pódese apreciar durante semanas ou incluso meses, a taxa de incremento deste fenómeno é moi rara na xeoloxía, especialmente en Marte. Non hai misións previstas para que aterren nesta rexión.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Accumulation and erosion of south polar layered deposits in the Promethei Lingula region, Planum Australe, Mars Planum Australe on Google Mars. Stratigraphy and Topography of McMurdo Crater area, Planum Australe, Mars Topographic maps of the Martian South Pole USGS map of Planum Australe Mapa topográfico de Marte, con nomenclatura detallada das rexións de Marte Mapa detallado do cuadrante MC-30 Mare Australe

Categoría:Plana de Marte