Tinerfe o Grande foi un heroe lendario guanche, mencey da illa de Tenerife (Illas Canarias). Estímase que viviu a finais do século XIV.

Traxectoria Era o fillo do mencey Sunta, quen gobernou toda a illa en tempos anteriores á conquista das Illas Canarias. Tinerfe o Grande, igual que todos os seus predecesores, tiña a súa corte en Adeje (aproximadamente cen anos antes da conquista).

Á morte do seu pai, Tinerfe herdou o reino único de Tenerife. Porén, ó igual que lles ocorreu ós seus predecesores, os seus tíos intentaron usurparlle a coroa. Chegou a ser o mencey máis poderoso do seu liñaxe, aínda que tamén o último: á súa morte, os seus fillos dividíronse a illa en nove menceyatos.

Na época da conquista os reis destes reinos eran:

Acaimo: mencey de Tacoronte. Adjoña: mencey de Abona. Añaterve: mencey de Güímar. Bencomo: mencey de Taoro. Beneharo: mencey de Anaga. Pelicar: mencey de Icode. Pelinor: mencey de Adeje. Romen: mencey de Daute. Tegueste: mencey de Tegueste.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Mencey Tenesor Semidán Bentejuí

Categoría:Conquista das Illas Canarias Categoría:Menceyes Categoría:Finados en 1495