A Rexional Preferente de Asturias é o quinto nivel de competición da liga española de fútbol en Asturias. É a división inmediatamente inferior á Terceira División Española e inmediatamente superior a Primeira Rexional, polo que se considera a primeira categoría autonómica. É unha categoría non profesional.

Sistema de competición

A Rexional Preferente de Asturias está integrada por un único grupo que conta en total con 20 clubs.

O sistema de competición é o mesmo que no resto de categorías da Liga española de fútbol. Dispútase anualmente, empezando a finais do mes de agosto ou principios de setembro e terminando no mes de maio ou xuño do seguinte ano.

Os 20 equipos do grupo enfróntanse todos contra todos en dúas ocasións -unha en campo propio e outra en campo contrario- sumando un total de 38 xornadas. A orde dos encontros decídese por sorteo antes de empezar a competición. O gañador dun partido obtén tres puntos, o perdedor non suma unidades, e en caso dun empate hai un punto para cada equipo.

Ao termo da tempada o equipo que acumula máis puntos proclámase campión de Rexional Preferente.

Ascenso a Terceira División

Unha vez finalizada a tempada regular, os tres primeiros clasificados ascenden automaticamente a Terceira División (Grupo II), este número pode variar en función dos ascensos que se produzan dos clubs asturianos en Segunda B, de maneira que aumentaría ata un máximo de sete.

Descenso a Primeira Rexional

Unha vez finalizada a tempada regular, os tres últimos clasificados descenden automaticamente a Primeira Rexional, este número pode variar en función dos descensos que se produzan dos clubs asturianos en Segunda B, de maneira que aumentaría ata un máximo de sete.

Equipos participantes 2012-2013

ClubLocalidadeEstadioFundación Andés CF Andés Campo de San Pedro 1960 Astur CF Oviedo Hermanos Llana 1949 Real Avilés B Avilés La Toba 2006 Nalón CF Olloniego Fumea 1958 CD Colunga Colunga CD Tineo Tinéu San Roque 1912 Club Siero Pola de Siero El Bayu 1916 SD Llano 2000 Xixón 2000 La Caridad CF La Caridad Campo del Este 1940 Pumarín CF Oviedo Luis Oliver 1917 Muros Balompié Muros CD Turón Turón Fernández Felgueroso 1925 SCD Campomanes Campomanes Campo de El Molín SD Narcea Cangas del Narcea Campo de El Reguerón 1962 SD Lenense La Pola El Sotón 1953 CD Roces Xixón Alfonso Camín Unión Comercial CF Tudela Veguín La Isla 1929 CD Mosconia Grau Marqués de la Vega de Anzo 1961 SD Colloto Colloto El Nora 1987 Valdesoto CF Valdesoto Villarea 1961

Historial Tempada Campión Ascenso1998/99CD Llanes CD Llanes, Astur CF, CD Turón1999/00Pumarín CFPumarín CF, CD Trasona, Valdesoto CF2000/01SD NarceaSD Narcea, San Lázaro, Condal CF2001/02CD HispanoCD Hispano, UD Gijón Industrial, CD Covadonga2002/03UC CearesUC Ceares, CD San Martín, SD Lenense2003/04Navarro CFNavarro CF, Andés CF, El Berrón CF2004/05Real TapiaReal Tapia, Condal CF, CD Tuilla2005/06CD LlanesCD Llanes, CD Cudillero, CD San Martín2006/07SD CollotoSD Colloto, Real Tapia, Candás CF2007/08CD MosconiaCD Mosconia, Nalón CF, UD Gijón Industrial, CD CovadongaEsta tempada houbo un ascenso máis debido ao ascenso a Segunda División B do Sporting B.2008/09CD PravianoCD Praviano, SD Colloto, Luarca CF2009/10Navia CFNavia CF, Nalón, Real Oviedo Vetusta, Andés CFEsta tempada houbo un ascenso máis debido ao ascenso a Segunda División B do Caudal Deportivo.2010/11CD CovadongaCD Covadonga, SD Colloto, Pumarín CF2011/12CD PravianoCD Praviano, Atlético de Lugones, L'Entregu CF, Urraca CF,Esta tempada houbo un ascenso máis debido ao ascenso a Segunda División B do Club Marino de Luanco. Real Tapia CFAscendeu debido á compra de praza en Segunda División B por parte do Real Avilés.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Federación Asturiana de Fútbol Fútbol en Asturias Resultados e clasificacións en Futbolme Asturias Resultados e clasificacións en La Hoja Deportiva

Categoría:Divisións rexionais de fútbol en España Categoría:Fútbol en Asturias