Intocable (en ) é un filme francés dirixido por Olivier Nakache e Éric Toledano que se estreou no 2011. Está protagonizado por François Cluzet e Omar Sy. A historia está baseada en feitos reais. Estreouse en galego na TVG o 25 de decembro de 2015.
Sinopse Philippe, un aristócrata que ficou tetrapléxico a causa dun accidente de parapente, contrata como coidador a domicilio a Driss, un inmigrante dun barrio marxinal acabado de saír do cárcere. Aínda que, a primeira vista, non semella a persoa máis indicada, os dous acaban logrando que convivan Vivaldi e Earth, Wind & Fire, a elocuencia e a hilaridade, os traxes de etiqueta e o chándal. Dous mundos enfrontados que, pouco a pouco, conxenian ata forxar unha amizade tan disparatada, divertida e sólida como inesperada.
Personaxes François Cluzet como Philippe Omar Sy como Driss Audrey Fleurot como Magalie Clotilde Mollet como Marcelle Anne Le Ny como Yvonne Alba Gaïa Kraghede Bellugi como Elisa Cyril Mendy como Adama Christian Ameri como Albert Grégoire Oestermann como Antoine Marie-Laure Descoureaux como Chantal Absa Dialou Toure como Mina Salimata Kamate como Fatou Ludovico Einaudi como Músico
Galardóns e nomeamentos 2012: Premio Goya á mellor película europea 2011: Premios Cesar: Mellor actor (Omar Sy). 9 nomeamentos, incluíndo mellor filme. 2011: Festival de San Sebastián: Sección oficial non competitiva - Clausura. 2011: Festival de Tokyo: Mellor filme, mellor actor (François Cluzet e Omar Sy). 2011: Nomeada Premios David di Donatello: Mellor filme da Unión Europea.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Francia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 85ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Olivier Nakache e Éric Toledano Categoría:Filmes de Gaumont Categoría:Filmes de 2011 con versión en galego