Abiword é un procesador de texto de código aberto desenvolto baixo os termos da licenza GPL e dispoñible para numerosos sistemas operativos coma Linux, macOS, Microsoft Windows ou BeOS. Actualmente a última versión dispoñible é a 2.8.6 que saíu o 12 de abril de 2025.

Versións maiores Abiword 0.7, 19 de maio de 1999. Abiword 0.9, 31 de xullo de 2001. Abiword 1.0, 18 de abril de 2002. Primeira versión estable. Non tiña a posibilidade de empregar táboas. Abiword 2.0, 15 de setembro de 2003. Primeira versión en soportar táboas, rodapés e notas finais. Abiword 2.2, 3 de decembro de 2004. Incorpora soporte de índices. Abiword 2.4, 30 de setembro de 2005. Incorpora soporte para importación de ficheiros OpenDocument, edición de ecuacións e corrector gramatical.

Ligazóns externas AbiWord Páxina oficial (en inglés). (Versión para Windows) AbiWord Páxina oficial (en inglés). (para distribucións Linux)

Véxase tamén

Microsoft Word OpenOffice.org KOffice

Categoría:Procesadores de texto Categoría:Soporte lóxico baixo licenza GPL