Rodolfo Feijoo Pardiñas, nado en Camariñas o 1 de novembro de 1851 e finado na Coruña o 28 de abril de 1892, foi un xornalista e político galego.

Traxectoria Irmán de Ambrosio Feijoo Pardiñas. Licenciado en Leis pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi presidente da Juventud Republicana da Coruña, participou nas revoltas liberais e foi elixido en 1873 para a Asemblea Provincia polos republicanos de Santiago de Compostela. Colaborou no diario La Vanguardia e en La República e España y América de Madrid, en Euskaldun-Leguía de Bilbao, no Boletín Federal da Coruña, e en La España de Lisboa. Publicou artigos literarios en Las Noticias e noutros periódicos coruñeses, onde apareceu a súa novela breve ¡Pobre Luisa!.

Véxase tamén Bibliografía Gran Enciclopedia Gallega.

Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Xornalistas de Camariñas Categoría:Nados en Camariñas Categoría:Nados en 1851 Categoría:Finados en 1892 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela