O Linköpings Hockey Club ou LHC (coñecido coloquialmente polos seus seareiros como Cluben) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Linköping, Östergötland (Suecia). O equipo fundouse o 4 de agosto de 1976, cando a sección de hóckey sobre xeo do BK Kenty se independizou. Dende o 2001 compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo sueco, a SHL. Xoga os seus partidos como local no Cloetta Center, un pavillón con capacidade para 8.500 espectadores.
Palmarés 1 European Trophy: 2008
Xogadores Números retirados 10 Mats Andersson 15 Stefan Jacobsson 16 Michael Helber
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial do Linköpings HC
Categoría:Equipos de hóckey sobre xeo de Suecia