Sir Peter Robert Jackson, nado en Pukerua Bay o 31 de outubro de 1961, é un guionista, produtor e director de cine neozelandés.
Traxectoria Jackson comezou a súa carreira realizando pequenas películas no seu tempo libre. Unha delas, Bad Taste, acadou notoriedade no Festival de Cannes, comezando así a súa carreira profesional no cine. Ó contrario que outros directores de Nova Zelandia, Jackson permaneceu no seu país para realizar alí os seus proxectos.
Na súa segunda película Meet The Feebles, empregou marionetas. Pero o salto a fama como director de culto chégalle con Braindead, unha película a medio camiño entre a comedia e o terror coa que conseguiu varios premios. Jackson tamén realizou o filme Heavenly Creatures, protagonizado por Kate Winslet e baseado en feitos reais. Con esta película conseguiu o seu primeiro nomeamento ós Óscar como Mellor Guión e foi premiado no Festival de Venecia. En 1995 rodou Forgotten Silver, unha especie de documental sobre as aventuras dun cineasta, e ó ano seguinte fixo o filme de suspense The Frighteners protagonizado por Michael J. Fox.
Peter Jackson é principalmente coñecido por dirixir a triloxía cinematográfica sobre O señor dos aneis. As tres películas foron rodadas simultaneamente durante tres anos e estreadas sucesivamente nos Nadais de 2001 a 2003. Coa terceira conseguiu once premios Óscar, entre eles o de Mellor Película, igualando a outras coma Ben-Hur ou Titanic.
Universal Studios contratou a Peter Jackson para dirixir o remake do clásico King Kong por 20 millóns de dólares máis o 20 % dos beneficios, o que o converteu no director mellor pagado da historia. Jackson declarou en varias ocasións que a versión de 1933 foi a película que o animou a dedicarse ó mundo do cine.
Filmografía Director Ano Título Nomeamentos ó Óscar Óscar gañados Nomeamentos ó BAFTA BAFTA gañados Nomeamentos ós Globos de Ouro Globos de Ouro gañados 1976 The Valley (curtametraxe) 1987 Bad Taste 1989 Meet the Feebles 1992 Braindead 1994 Heavenly Creatures 1 1995 Forgotten Silver 1996 The Frighteners 2001 The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring 13 4 12 4 4 2002 The Lord of the Rings: The Two Towers 6 2 9 2 2 2003 The Lord of the Rings: The Return of the King 11 11 12 4 4 4 2005 King Kong 4 3 3 1 2 2008 Crossing the Line (curtametraxe) 2009 The Lovely Bones 1 2 12012 The Hobbit: An Unexpected Journey332013 The Hobbit: The Desolation of Smaug322014 The Hobbit: The Battle of the Five Armies11
Produtor Ano Título Traballo 1987 Bad Taste Produtor/Director 1989 Meet the Feebles Produtor/Director 1992 Valley of the Stereos (curtametraxe) Co-produtor 1994 Heavenly Creatures Co-produtor/Director 1996 Jack Brown Genius Produtor 1996 The Frighteners Produtor/Director 2001 The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring Produtor/Director 2002 The Lord of the Rings: The Two Towers Produtor/Director 2003 The Lord of the Rings: The Return of the King Produtor/Director 2003 The Long and Short of It (curtametraxe) Produtor executivo 2005 King Kong Produtor/Director 2009 District 9 Produtor 2009 The Lovely Bones Produtor/Director 2011 The Adventures of Tintin Produtor 2012 West of Memphis Co-produtor 2012 The Hobbit: An Unexpected Journey Produtor/Director 2013 The Hobbit: The Desolation of Smaug Produtor/Director 2013 The Hobbit: The Battle of the Five Armies Produtor/Director
Categoría:Óscar ó mellor director Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados en Nova Zelandia Categoría:Directores de cinema de Nova Zelandia