Angel Esquire é unha novela do escritor británico Edgar Wallace publicada orixinalmente en lingua inglesa en 1908. Foi traducida ao galego por Alejandro Tobar e publicada por Editorial Hugin e Munin en 2012.
Características Esquire, de Scotland Yard, axuda a Jimmy Stannard, un elemento criminal, a resolver o crebacabezas da gran caixa forte que contén a fortuna que o vello Reale gardou nela, coa precaución de ocultar a combinación nun verso que serve como criptograma. Cando se le a última vontade do vello Reale, constátase que catro persoas poden beneficiarse dela. Dúas destas persoas son coñecidos membros dunha banda ás que nada deterá para gañar a posesión da fortuna. Jimmy e o seu amigo enfróntanse con eles nun thriller moi característico da escrita de Wallace.
Foi levada ao cinema en 1919 por W.P. Kellino co título de Angel Esquire.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Libro e Google Books
Categoría:Novelas en inglés Categoría:Obras literarias de 1908 Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego